fbpx

Situada no Concello de Poio, na aba do Monte Tomba coñecida como Boa Vista, o Centro Arqueolóxico da Caeira contén un excepcional conxunto de arte rupestre prehistórica integrado por máis de vinte petroglifos ou gravados rupestres feitos sobre a rocha.

Son coñecidos xa desde inicios do século XX grazas ao labor do intelectual pontevedrés Ramón Sobrino Buhígas.

O complexo da área arqueolóxica consta de tres estacións visitables, dúas de elas no propio complexo ( A Pedra Grande de Montecelo e a Laxe das Lebres ou Laia dos Cervos), e unha terceira situada no Monte Liñares.

 

 

 

 

 

Go to top