¿Que é O CIMM?
O CIM é o Centro de Información á Muller, de titularidade municipal, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral desde unha perspectiva de xenero, desenvolvendo ó mesmo tempo programas específicos de apoio e atención ás vítimas de violencia.
O centro é atendido por un equipo de profesionais composto por unha avogada, unha psicóloga e unha administrativa.
Programas Xerais
-
Información e asesoramento xurídico.
-
Atención psicolóxica.
-
Coordinación con outros servizos, para o tratamento de problemáticas asociadas: saúde, emprego, recursos sociais.
Programas dirixidos a mulleres vítimas de violencia
-
Programa de asistencia psicolóxica especializada: Asesoramento, intervención en crise, terapia individua, terapia de parella e terapia familiar
-
Programa de asesoramento e apoio social: Procura de casa de acollida, vivenda, asesoramento en recursos e solicitude de prestacións económicas e coidado d@s fill@s, recursos e apoio social, saúde.
-
Programa de asesoramento e asistencia xurídica: Asesoramento en todo tipo de consultas penais e de dereito e de familia. Asesoramento e seguimento nos procesos penais e de familia. Asistencia nas xestións xurídicas que procedan.
¿Cales son os principios de actuación?
-
O anonimato na identidade das usuarias.
-
O respeto á vontade das usuarias na procura das posibles solucións ás consultas plantexadas.
-
A gratuidade de tódolos servizos.
-
O respeto ó principio de confidencialidade.