fbpx

 

Tomado en consideración o proxecto de ordenanza reguladora e-Administración, de conformidade co indicado no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ábrese un prazo de participación pública durante vinte días hábiles co obxecto de dar audiencia ás persoas, asociacións e organizacións cuxos dereitos e intereses ou intereses lexítimos se consideren afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades. Para tal efecto ponse a disposición o presente formulario que poderán facer chegar as alegacións.

Rematado o prazo as aportacións e suxerencias serán obxecto de estudo e redacción de documento que acompañarán ao proxecto que sexa elevado novamente ao Pleno para aprobación inicial e realización da fase de información pública e presentación no seu caso das alegacións polas persoas que de xeito motivado sexan titulares de dereitos ou intereses lexítimos. De presentarse así alegacións ou reclamacións, o expediente será novamente sometido a aprobación do Pleno con estimación ou desestimacións das alegacións ou reclamacións presentadas, fase á que seguirá a de publicación íntegra do texto da ordenanza no BOP de Pontevedra e no Portal de Transparencia (artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local).

Este anuncio permanecerá a disposición pública ate que remate do prazo de participación. Documentación obxecto de publicación:

O que se fai público de acordo co artigo 7.c) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información e Bo Goberno e no exercizo das funcións conferidas polo artigo 3.2º.j) do Real decreto 128/2016, de 18 de marzo, de Réxime Xurídico dos Funcionarios con Habilitación de Carácter Nacional.

 

(REGULAMENTO EUROPEO 2016/679  de 27 abril 2016)
Responsable: Concellería de Participación Cidadá
Finalidade: Dinamización de procesos de participación ciudada. Consulta pública.
Lexitimación: Cumprimento dunha obriga legal do responsable ddo tratamento.
Destinatarios: No se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal.
Dereitos: De acceso, rectificación, supresión, así como outros dereitos, segundo se explica na información adicional.
Información adicional: Política de privacidade

 

Go to top