fbpx
Facebook
Twitter
Youtube
Contacto
Rías de Vida - Presentación do Proxecto

Moito do que ocorre nas nosas vidas é a carón das nosas rías, e pola contra ás veces, descoñecemos os tesouros que nas súas augas se atopan. Descoñecemos moita da flora e fauna que se agocha nas profundidades. Rías de Vida é un proxecto que pretende amosar a beleza máis vistosa, case caprichosa das nosas rías, sen se mergullar, só a un clic en Youtube.

Este proxecto froito do traballo da A.C.Rías de Vida, a paixón dos mergulladores deportivos Pedro Alonso e Luís López Cordeiro, co apoio do GALP Ría de Pontevedra o respaldo da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e mailo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, amosará este proxecto este sábado 26 de outubro ás 18:00 horas ca proxección dos vídeos e a intervención dos seus autores no Centro Cultural Xaime Illa .

Achegádevos a coñecer as profundidades das nosas rías, os segredos mellor gardados da natureza que temos máis preto, e sobre todo, o entorno ecolóxico que discorre, en segredo, ó carón das nosas vidas.

Presentación Proxecto Rías de Vida
Sábado 26 outubro - 18:00 horas.
Centro Cultural Xaime Illa - Rúa da Igrexa 21 - Raxó
Entrada de balde.