Facebook
Twitter
Youtube
Contacto
Charla - Trastornos Depresivos e Ansiedade
 
Se eres usuarix das entidades de iniciativa social, persoa coidadora, paciente ou un dos nosos maiores... ISTO INTERÉSACHE! O vindeiro mércores 4 de decembro ás 18:00 horas no Centro Social Casa Rosada imos recibir a visita do Dr. Tiburcio Angosto Saura, que vai abordar os TRASTORNOS DEPRESIVOS E ANSIEDADE nunha charla seguida dunha sesión de debate e preguntas que darán resposta ás inquedanzas dos participantes.
 
?‍⚕️ O Dr. Tiburcio Angosto, doutor en medicina pola USC, foi xefe de servicio do CHUVI e actualmente é médico psiquiatra no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima (Vigo) CURRICULUM
 
? "Tempo de Saúde" é unha proposta da Deputación de Pontevedra que pretende sensibilizar á poboación da provincia sobre a importancia de hábitos saudables e a prevención na saúde física e psíquica da poboación.