¿Que é a OMIX?
É un servizo municipal que está a disposición de todo o colectivo xuvenil ubicado, na actualidade, no Centro Social de Poio (“Casa Rosada”)
¿A qué nos adicamos?
Facilitamos @s xoves de Poio e arredores toda a información que precisen en materia laboral, de vivenda, formación, bolsas, actividades de ocio,etc.
Competencias
- Atención a todas as demandas que entren na propia oficina da OMIX
- Buscar e organizar a información de interés para a mocidade
- Informar, orientar e asesorar á mocidade nas súas demandas mediantes atención persoal.
- Organizar e xestionar proxectos propios ou en colaboración con outras entidades: Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, concellos, colectivos...
- Apoiar e asesorar na creación e desenvolvemento do tecido asociativo
- Prepara, desenvolver e avaliar accións no marco da educación non formal dirixiada á mocidade: programas de formación de hábitos saudables, prevención de drogodependencias, habilidades sociais, educación afectivo-sexual...
- Cursos de formación para o emprego
Información sobre os seguintes temas:
- Educativos: bolsas de estudo, cursos, centros de ensino, orientación educativa: ciclos medios e superiores, universidade, ensinanza de adultos, idiomas...
- Axudas e Subvencións
- Premios e Concursos
- Traballo: bolsa de emprego, boletíns e enlaces de información sobre emprego, oposicións, cursos ocupacionais, redacción de curriculo...
- Tempo Libre: Campaña de Verán, Campamentos Deputación, Campos de Traballo, Albergues, Viaxes, Sendeirismo, etc.
- Vivenda: Renda de Emancipación, Bolsa de Aluguer, créditos, Bono Xove...
- Información sobre programas diversos da Xunta: Foración en voluntariado, Vive a Neve, Coñece Galicia, Xuventude Galicia-Net ...
- Formación: Organízanse cursos ao longo do ano coa intención de facilitarlle @s participantes unha mellora no seu curriculo, coa que lles sexa máis doado acceder ao mundo laboral.
- Prestación de axudas para a realización de trámites online: renovación tarxeta de emprego, Renda Mínima Vital, ...
Actividades Xuvenís
Xestión de información das campañas de verán da Xunta e a Deputación de Pontevedra
Actividades e obradoiros no IES así como nos centros de primaria: Cóntase para elo coa estreita colaboración da Dirección do IES e do resto dos centros, cos que vimos traballando hai moitos anos. Na actualidade no IES, estase a impartir o programa "Os Oficios", talleres nos que se traballa , unha vez por trimestre co alumnado de 2º da ESO e que constan dunha parte teórica e outra práctica coa intención de dar a coñecer oficios artesanais, hoxe en día en desuso, e aprender o respecto polas tradicións. Campañas de prevención temáticas: día mundial da sida, campañas medioambientais: o recilaxe, campaña de consumo responsable, grafittis, exposicións...
Organización e Xestión de cursos formativos: primeiros auxilios, monit@r de comedor escolar, monit@r de transporte escolar, curso oficial de monit@r de tempo libre, atención en centros xerontolóxicos....
Concursos.
A OMIX dispón dun ordenador a disposición do público con conexión a Internet para a búsqueda de información que sexa do seu interés, para a realización de traballos escolares, para chatear, para utilizar as redes sociais ou para realizar calquera trámite coas diferentes administracións…