fbpx

28 mulleres de Poio formáronse con novas competencias tecnolóxicas a través do curso Galegas Dixitais que conclúe esta semana, tras máis de un mes de formación no Pazo Besada. O alcalde de Poio, Ángel Moldes, e a concelleira de Promoción Económica, Maritxe González, visitaron esta mañá ás alumnas, ás que agradeceron a súa implicación durante este tempo.

O Concello de Poio asinou coa Consellería de Medio Rural un convenio de colaboración para realizar obras de infraestruturas rural e pavimentar o camiño de Esperón a Xuviño. Así se informou na Xunta de Goberno que se celebrou esta mañá, na que o alcalde Ángel Moldes recordou que “esta é unha das vías máis deterioradas que hai no municipio, e polo tanto era urxente e necesario actuar nela para mellorar a seguridade”.

Case cen persoas, nenos, maiores, xente do sector do mar... participaron na xornada organizada este sábado polo Concello de Poio e conseguiron retirar preto de tres toneladas de plásticos que durante os temporais  chegaron ao litoral. Unha experiencia satisfactoria, segundo explicou o alcalde, Ángel Moldes, non só porque conseguiuse mudar a imaxe das praias e evitar que todos eses desperfectos volven ao mar, senón tamén porque con este tipo de iniciativa conséguese tomar consciencia dos danos e das consecuencias das nosas accións.

 

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, ofrece á cidadanía durante o mes de decembro dez cursos gratuítos en habilidades dixitais. En total, a aula de novas tecnoloxías impartirá 49 horas de formación. 

Días despois de asinar o préstamo coa entidade bancaria por valor de 723.804,64 euros, o alcalde de Poio Ángel Moldes sinala que a primeira parte do obxectivo xa está cumprida, que era pagar preto de 70 facturas que se debía a autónomos e pequenos empresarios, moitos deles de Poio, tras a xestión do Tripartito, facturas por importe de 423.804,64 euros. A segunda parte, engade, é comprar a antiga gardería de Campelo para convertela no Centro de Día de Poio, e xa avanza que isto poderá ser tamén unha realidade tras o Nadal.