fbpx

Neste mes de xullo comeza a programación de actividades de lecer impulsada desde a Concellería de Mocidade. A súa responsable, a concelleira Rosa Fernández (PSOE), lembra que este ano cobrarán protagonismo iniciativas en chave formativa e vencelladas ao uso das novas tecnoloxías. Así, a Aula Cemit de Combarro acollerá catro sesións sobre a utilización das redes sociais e a tramitación de xestións burocráticas vía on line (dúas clases por cada obradoiro).

A primeira delas terá lugar o 13 de xullo e repetirase o 10 de agosto. Neste caso, as persoas inscritas recibirán formación para aprender a sacar o maior rendemento posible aos seus perfís en redes sociais como Facebook ou Instagram. Asemade, tamén se fará fincapé en consellos e recomendacións para realizar un uso seguro destas ferramentas. Esta formación está dirixida a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos. Con respecto á segunda actividade, trátase dun curso sobre tramitación telemática, grazas á cal os e as participantes poderán aprender a realizar xestións como solicitar cita médica, reservas para residencias ou cubrir a documentación necesaria para adquirir unha beca. Estas clases serán o 14 de xullo e o 11 de agosto. En todos os casos, as sesións serán de 10.30 a 12.30 horas.

A concelleira de Mocidade informa de que as prazas son limitadas e que os obradoiros cumprirán con todas as medidas sanitarias pertinentes. As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo chamando ao 986872401 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.