fbpx

O Concello de Poio esixirá de novo á Consellería de Sanidade da Xunta que tome as medidas pertinentes para realizar melloras urxentes na dotación de recursos sanitarios no municipio. En concreto, a Administración local solicita que se cubran ás vacacións e baixas dos facultativos, dotación de persoal , así como a resolución de xeito inmediato dos problemas denunciados por usuarios e usuarias no que á atención do servizo vía telefónica se refire.

O Concelleiro de Sanidade Jose Luís Martinez Blanco denuncia e demanda a necesidade de que a Xunta tome medidas, logo de que se estean a producir situacións como as que os veciños e veciñas veñen denunciando como ter que sufrir colas e listas de agarda de 30 días para unha primeira cita telefónica para poder ser atendidos. En moitos casos, estas persoas optan finalmente por poñerse en contacto co 061 ou co CHUP para poder ser auxiliados.

O Goberno Local alerta da grave situación do sistema sanitario en Poio, motivada tamén entre outras cuestións, por non acometer substitucións dos profesionais que se atopan de baixa ou de vacacións . As consecuencias son a masificación das consultas, cupos desbordados, listas de agarda que, en moitos caso , supera os 30 días. As medidas de urxencia que se van a levar a cabo dende a concellería de Sanidade van ser: solicitar convocatoria urxente da mesa de Sanidade de Poio, reunión coa plataforma de sanidade e solicitar unha reunión co xerente da Area Sanitaria de Pontevedra para tratar estes temas.