fbpx

Xa está dispoñible o formulario e normativa de matriculación nas actividades de pilates e ioga do Programa Espazo Propio 2021-22 da Concellería de Igualdade. O formulario de inscrición poderá presentarse de xeito presencial ou a través do Rexistro na Sede Electrónica

DESCARGAR NORMATIVADESCARGAR FORMULARIO [PDF interactivo]

NORMAS ESPAZO PROPIO - IOGA & PILATES

1.- O día 30 de setembro publicaranse no taboleiro de anuncios da Casa Rosa a listaxe de admitidos/as na actividade, que se farán por rigorosa orde cronolóxica de inscrición.

Non se admitirán as fichas que non estean debidamente cubertas e asinadas persoalmente pola persoa participante e no estean debidamente rexistradas, así como a declaración responsable e o consentimento informado das normas a seguir por mor do COVID.

2.- Darase prioridade na admisión e listas de reserva as persoas empadroadas no Concello de Poio (comprobarase o padrón), de tal xeito que sendo doutros municipios entrarán en listas de reserva, pero sempre que non se inscriba unha persoa do municipio no intre en que haxa algunha vacante.

3.- O grupo máximo de alumnas/os por grupo é de 16 persoas. O grupo mínimo para comezar a actividade será de 8 persoas. O prezo da actividade será de 20 euros. Recoméndase traer roupa e calzado cómodo para realizar a actividade. E obrigatorio o uso da máscara e o alumnado terá que traer a súa propia esteira.

4.-  O horario das clases será o seguinte:

CLASES PRESENCIAIS

    MAÑÁS
        PILATES     9:15 -10:00
        IOGA         10:15 - 11:15

    TARDES    
        PILATES     19.30 - 20.15
        PILATES     21.00 - 21.45


5.- Debido ao protocolo do COVID é obrigatoria a puntualidade nos horarios das clases. Non se permitirá a entrada de alumnado unha  vez iniciada a sesión.

6.- O pago da actividade faráselle a través de domiciliación bancaria. No primeiro día da actividade deberán ter asinada a autorización de cargo na súa conta. .

7.- Comezado o mes da actividade, as persoas terán que traer o xustificante de pago ó/a monitor/a da actividade, e se a persoa inscrita non fai o pago, se lle dará automaticamente de baixa, chamando directamente ás persoas que estean en lista de reserva.

8.- Non se gardan prazas, de xeito que se alguén se dá de baixa ao longo do mes, perdería a praza e pasaría a lista de reserva que houbese. Unha vez comenzadas as clases, non se poderá cambiar de grupo.

9.- As clases comezarán o 5 de outubro e rematarán o 31 de maio. Dada a situación excepcional dada pola pandemia do COVID as clases poderán cancelarse ou suspenderse para cumprir coa normativa pertinente e as medidas para previr e controlar o contaxio.