fbpx

Esta fin de semana asistimos a unha data imprescindible do panorama automobilístico galego e nacional. A Subida á Escusa tivo a súa decimonovena edición e estreouse coma proba puntuable para a Copa de España de Escuderías, un paso máis cara ó Campionato de España.

“É unha proba de referencia e unha tradición deportiva asentada no noso Concello”, indicou Marga Caldas, concelleira de Deportes. Pola súa parte Fabián Esperón, representante da Escudería Buxa Motor apuntaba: “A nosa ambición é a medio prazo chegar ao Campionato de España”. Os motores dos 60 participantes percorreron o tradicional trazado na pasada de entrenamento, con dúas mangas cronometradas nos dous días do evento. A proba contou con todas as medidas de seguridade e prevención COVID coordinadas pola Policía Local de Poio e coa colaboración de Protección Civil de Poio.

A competición lembrou a Víctor Magariños, piloto pontevedrés recentemente falecido, para o que a organización tivo un dedicatoria moi especial. “Era un grande amigo, e parte da nosa familia e do noso clube”.