fbpx

 

A concelleira de Benestar Social, Rosa Fernández anima a todas a veciñanza participar da campaña #alzheimerHOXE subindo unha foto creativa con un reloxo e o hashtag #alzheimerHOXE. "Canto máis compartas coa familia, amigos, traballo ou grupos de Whatssapp, a túa axuda e apoio multiplícase", comenta a edil socialista, que ademáis ven de incorporar nesta campaña unha acción creativa na que a poeta local Tamara Andrés e o músico e profesor Juan José Mariño, xunto co produtor audiovisual Raga Sabugueiro visibilizaron o alzheimer nun vídeo dispoñible nas redes municipais do Concello de Poio e que foi gravado no Parque da Memoria.

Hoxe celébrase o Día Mundial do Alzheimer, e baixo o lema "Alzhéimer HOXE mañá será tarde", a Federación Alzheimer Galicia (FAGAL) pon en marcha esta campaña, con unha fase que recolle a necesidade de atender de atender esta enfermidade desde a prevención e o diagnóstico precoz. Ademáis, este ano a Concellería de Benestar Social do Concello de Poio, súmase á campaña en redes #alzheimerHOXE, porque se algo nos puxo de relevancia esta crisis sanitaria é que os pacientes de Alzhéimer non estan a ter a atención nin os recursos que precisan.

Con esta campaña, quérese sensibilizar sobre o diagnóstico precoz e a prevención. "Intervir a tempo na enfermidade de Alzhéimer pode deter ou retardar o seu avance", apuntan os representantes de FAGAL. "Os hábitos saudables ou socializar son fundamentais, non só para o desenrolo persoal, se non para evitar a aparición de enfermindades neuro dexenerativas"

 

 



 

 

 

 

 

 

 

 

 

er.