fbpx

A concelleira de Educación, a nacionalista Raquel Rodríguez, quere demandar a problemática que esta a sufrir  o alumnado do IES,  que usa o transporte escolar, dado que nos últimos días son varios os menores que non poden acceder ao autobús a pesar de ter formalizada a súa solicitude para o transporte deste curso 2020 -2021. Dita situación xa foi posta en coñecemento do Centro de ensino, ao Xerente do Servizo de Infraestruturas e Mobilidade así como a propia empresa.

Estas incidencias no acceso ao transporte esta causando moita preocupación entre as familias porque non se garanten que os menores poidan entrar no autobús que os despraza ao Centro de Ensino, estes últimos días foron varios os menores que tiveron que desprazarse ao Centro noutro medio de transporte, a esta situación hai que engadir que estamos falando de menores que non poden quedarse sen ser custodiados na rúa. Hoxe personouse a Policía Local  na parada de bus para tomar constancia da situación e instruír os  informes pertinentes  , os cales serán remitidos á Consellería.

Dende a  Concellería de Educación exíxese unha resposta urxente ante esta situación de desamparo provocada "por unha clara desorganización entre a Xunta e a empresa MOMBUS". "Ademais esiximos  que se cumpran os protocolos COVID 19 deseñados pola propia Xunta de Galicia ao que transporte se refiren"