fbpx

A Concellería de Mocidade vén de retomar estes días dous novos cursos presenciais, que no seu momento tiveran que ser suspendidos pola pandemia da COVID-19. O pasado xoves iniciouse o obradoiro de elaboración de produtos con coiro, con horario de 18.00 a 20.00 horas. A edil delegada desta área, a socialista Rosa Fernández, explica que ata o día 28 de outubro as clases son para alumnado xa inscrito antes do cese da actividade. Sen embargo, posteriormente ofertaranse novas prazas.

Asemade, este venres comezou o curso de tapicería, que, ao igual co anterior, ten lugar na Casa Rosada. Neste caso, o horario é de 10.00 a 12.00 horas. A través destas sesións, a monitora Pilar Campos amosa ao alumnado técnicas de tapizado, incidindo no coidado do medio ambiente. Estas pautas axudan a poder renovar elementos como mobles, cabeceiros ou caixóns. As persoas interesadas en anotarse en ambos obradoiros poden facelo chamando ao 986872401 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Por outra banda, a Concellería de Mocidade informa de que o curso de cianotipia, previsto para este sábado 23 de outubro, adíase ata a primavera de 2022. A razón é que as predicións meteorolóxicas non garanten ao 100% unha mañá soleada, requisito indispensable para poder facer o revelado a través de luz natural. O departamento municipal aclara que, en caso de que aumente a demanda, de cara aos meses de primavera ampliaranse os grupos.