fbpx

Nesta cuarta sesión, o faladoiro “A Forza das Mulleres: Creadoras” nos achegamos ao papel artístico e creativo das mulleresa través de tres mulleres profesionais no eido das industrias creativas. Coñeceremos de primeira man as experiencias, reflexións e vivencias de Lúa, Ángela e Andrea.

Nesta cuarta sesión, o faladoiro “A Forza das Mulleres: Creadoras” achegámonos ao papel artístico e creativo das mulleres a través de tres mulleres profesionais no eido das industrias creativas. Coñeceremos de primeira man as experiencias, reflexións e vivencias de Lúa, Ángela e Andrea.

Lúa Gándara (O Porriño, 1988) é unha artista multidisciplinar graduada en Belas Artes pola UVigo, posgrao de Creación Sonora na Universidade de Barcelona e mestra de Educación Secundaria na especialidade de Artes e Debuxo.  A súa obra plástica foi seleccionada e exposta en diversos certames como a 15ª Mostra MAC, Museo de Arte Contemporáneo Fundación Naturgy, o Prémio Artistas do Alto Minho e Galiza 2016 da Fundaçao Bienal de Cerveira, o VIII Premio para Novos Artistas Auditorio de Galicia ou a X Bienal Internacional Pintor Laxeiro, entre outros. En 2021 gañou o premio “IX Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura de Galicia” e o premio “Xurado Novo” na Sección “Contemporánea” no INTERSECCIÓN Contemporary Audiovisual Art Festival. A súa pintura e personaxe habitan entre a poesía e a arte de acción, sempre con moito humor.

Ángela Ogando (Poio, 1991) formouse como fotógrafa artística na Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso (A Coruña), estudou Deseño de Moda (ESDEMGA) e especializouse en vestiario no Centro de Tecnoloxía do Espectáculo (Madrid).  Traballou na Compañía Nacional de Danza, o Ballet Nacional, nos musicais El Rey León e El Guardaespaldas ou no Teatro da Zarzuela, entre outros. Afincada en Galicia, actualmente traballa para marcas de moda sostibles creando imaxes de moda e produto para redes sociais. Defínese como unha muller sensible, soñadora, xenerosa, creativa e positiva que quere axudar na creación de un modo de vida máis sostible e ético.

Andrea López Iglesias (Pontevedra, 1986) Artista plástica e educadora. Licenciada en Belas Artes (Universidad de Salamanca), conta con ampla formación e experiencia en arteterapia. Cursou o Máster en Profesorado en 2020 (UVigo) e o Máster en Arteterapia e Educación Artística para a Inclusión Social en 2015 (UCM).
No eido da arteterapia ten experiencia profesional con: Infancia e adolescencia en Ámbito Hospitalario e Social, Colectivos de Mulleres, Comunidade Xitana, Saúde Mental, Persoas maiores e Deterioro Cognitivo. No eido artístico, realizou estancias na Universidad de Barcelona (Beca Séneca – sicue, 2007-2008) e na Universidad de las Américas, Puebla, México (Beca Internacional Iberoamérica, 2008-2009). Dispón de obra en coleccións privadas (no Instituto Municipal de Arte e Cultura de Puebla, na Universidad de las Américas, no Centro Español de Manhattan, en Nova York). Participou en exposicións colectivas en España, México, Nepal e Nova York. Entre as súas exposicións individuais, destaca a realizada no Museo de Pontevedra: Los nuevos rostros del Tibet en 2014.

O faladoiro "A Forza das Mulleres: Creadoras" será presentado por Silvia Díaz, concelleira de Igualdade e moderada por a directora do Centro de Información á Muller, Raquel Morales, e da psicóloga do propio CIM, Lidia Fazanes

Anteriores faladoiros