A “Exposición Arqueoloxía, Antropoloxía e Patrimonio Monumental en Poio”, inaugurada na pasada primaveira no Casal de Ferreirós, trasládase ao Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. A exposición que recolle o traballo levado a cabo por Beunaventura Aparicio, Carmen Montero e o Grupo García Alén sobre o arqueoloxía e patrimonio en Poio, poderá visitarse a partir do 29 de setembro en horario de tarde, de 16:30 a 21 :00 horas.
Nesta ocasión, a exposición complementaráse coa realización de visitas guías para alumnado de primaria (de 4 a 7 anos) dos centros educativos públicos do municipio. Preto de 140 nenos e nenas dos Ceips Lourido, Chancelas, Viñas e Espedregada disfrutaran das visitas guiadas a cargo de Buenaventura Aparicio e do obradoiro didáctico, que teñen preparado dende o Departamento de Dinamización Cultural do Concello. Sopa arqueolóxica para traballar a toponímia, obradoiro de pintura rupestre, arte en negativo “Stencil de man” , entre outras, permitirán as crianzas corberterse en verdadeiros arqueólogos recibindo un diploma que así o acreditará.
Estas visitas terán lugar os días 3,4 e 5 de outobro a partir das 9:30 horas. Así o presentaban, está mañá no Salón de Plenos do Concello de Poio, a Concelleira de Cultura e Festexos, Lidia Salgueiro, acompañada dos representantes da SCD Raxó e Asociación de Galicia Histórica (colaboradoras) e do propio Buenventura Aparicio, quen unha vez mais, explicou o traballo arqueolóxicos e de investigación levados a cabo na década dos 80 e que se recolle nos tres bloques nos que se divide esta exposición.
BLOQUE 1:
-
Os Inicios: Un Proxecto de investigación dende a escola
-
Primeira xeira. Síntese da investigación arqueolóxica
-
Arqueoloxía
-
Idade Media
-
-
Segunda xeira. Compilación do patrimonio inmaterial
-
Terceira xeira. O patrimonio relixioso
-
Divulgación:
-
Conferencias
-
Exposicións
-
Audiovisuais
-
Publicacións: libros, revistas e xornais.
-
BLOQUE 2:
-
O Grupo Alfredo García Alén en Poio (1983)
-
Escavacións:
-
Mámoa de Monte de Mon
-
Necrópole de San Martiño
-
-
Arte rupestre
-
BLOQUE 3:
-
Audiovisuais
-
Publicacións para consulta
Unha vez mais, a edil nacionalista quixo agradecer a Buenaventura Aparicio o feito de que tivese escollido ao Concello de Poio para facer este espectacular traballo, cedendo os mateirais e a colaboración precisa que deu como resultado a exposición que todos poderán visitar a partir deste venres, tras o acto inaugural que terá lugar ás 20:30 horas. Asemade, agradeceu a SCD Raxó, A. Galicia Histórica, ao Museo e a Deputación de Pontevedra polo apoio prestado e concidou a toda a veciñanza a visitar a exposición, asegurando que vale a pena adicar una anaco do noso tempo en descubrir parte da nosa historía, historía que mostra o noso pasado, que marca o noso presente e futuro.