fbpx

A Concellería de Deportes, dende o Consello Municipal de Deportes, pon en marcha un evento dirixido a premiar o Deporte Local. Para o mesmo terá lugar un acto conmemorativo o 15 de febreiro de 2019 no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. [BASES]

Este acto ten como obxectivo principal recoñecer publicamente o esforzo, adedicación, a entrega e todos os valores que o Deporte comporta; e para que sirva de espello para incentivar aos máis pequenos e á poboación en xeral na práctica do deporte. Acolléndonos á decisión adoptada polo Consello Municipal de Deportes do 16 de marzo de 2016, será un acto onde se dará visibilidade a outros valores asociados á práctica deportiva como a superación, a educación, a convivencia, o traballo en equipo e a recuperación da tradición no deporte.

MODALIDADES DOS PREMIOS
A elección do Consello Municipal de Deportes, entregaranse catro premios Poio 
Móvese, propoñendo as seguintes categorías:
  • POIO MÓVESE FEMININO
  • POIO MÓVESE MASCULINO
  • POIO MÓVESE A UNHA ENTIDADE
  • PREMIO ESPECIAL POIO MÓVESE 
CANDIDATURAS
Poderán ser premiados/as todos/as os/as deportivas, clubs, entidades, asociacións ou persoas vinculadas co deporte local de Poio mediante unha colaboración desinteresada e debidamente acreditada.
 
CRITERIOS DE VALORACIÓN
  • Traxectoria deportiva.
  • Fometo da igualdade no deporte.
  • Vinculación co Concello de Poio.
  • Promoción dentro e forá do Concello.
  • Valor educativo no deporte.
  • Innovación no deporte.
  • O deporte como superación.
  • Fomento da coeducación no ámbito deportivo.
  • Respecto e promoción do medioambiente.
  • Posta en valor do Patrimonio.
  • Impliación solidiraria no tecido deportivo.
  • Inserción no deporte das persoas con discapacidades.
  • Traballo, colaboración e implicación no tecido deportivo.
  • Méritos a unha carreira deportiva.
PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN DE PREMIADOS
Cada membro do CMD deberá facer unha proposta para cada unha das categorías de premios, brevemente motivada (modelo anexo). As propostas presentadas serán sometidas a votación, por cada categoría, no CMD cunha puntuación de 1, 2 e 3 puntos. As propostas con maior puntuación serán as elexidas. Nos casos de empate
realizarase unha segunda votación e, no caso de persistir, prevalecerá o voto de calidade da Presidencia.
• PREMIO ESPECIAL POIO MÓVESE - Será decisión única do Consello Municipal do Deportes, previa valoración e votación das propostas presentadas.
• PREMIO POIO MÓVESE FEMININO, PREMIO POIO MÓVESE MASCULINO e PREMIO POIO MÓVESE A UNHA ENTIDADE - Por cada categoría seleccionarase ás tres propostas mellor puntuadas no CMD. As 9 propostas resultantes (3 por cada categoría) serán trasladadas a un xurado externo que será o encargado do fallo final. O xurado externo, composto por xornalistas e un representante do CMD, valorará as propostas cunha puntuación de 1 e 2 puntos. En todo caso, o/a representante do CMD valorará con 3 puntos aquelas propostas que mellor puntuación obtiveron no seno da CMD, trasladando desta maneira a vontade deste órgano colexiado ao fallo final. Os/as premiados/as daranse a coñecer na Gala do Deporte, aproveitando así a ocasión para promocionar a todos/as os/as nominados/as de maneira conxunta.
 
XURADO
• Será o Consello Municipal de Deportes o que falle o Premio Especial Poio Móvese.
• Xurado externo: será o encargado do fallo dos restantes premios. Estará composto por xornalistas que cubren o Deporte local de Poio e un representante do Consello Municipal de Deportes.
 
PRAZOS
• As propostas poderán presentarse ata as 14:00 horas do día 23 de xaneiro de 2019 a través do seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
• O día 24 de xaneiro de 2019 terá lugar a sesión extraordinaria do CMD para someter a votación as propostas presentadas.
• Todas as propostas que se presenten fóra do prazo sinalado serán excluidas.
 
ENTREGA DE PREMIOS
Terá lugar o día 15 de febreiro de 2019 no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, no transcurso da Gala Poio Móvese.