Un ano máis o Concello de Poio, xunto coa SCD Raxó e coa colaboración do Consello Municipal de Cultura convocan o Concurso Literario Xaime Illa Couto. [Descargar Bases PDF]

1.- Ámbito xeográfico

  • Ata 18 anos: será requisito ter empadroamento no Concello de Poio ou matricula nun centro educativo de Poio.
    De 18 anos en diante: a participación non ten limitación xeográfica sempre que se cumpran as demais normas do concurso.

2.- Os traballos serán de carácter individual e inéditos, quedando expresamente prohibido plaxiar, copiar ou reproducir traballos alleos.

3.- Cada participante poderá presentar un único traballo por modalidade.

4.- O tema será libre.

5.- Os traballos deberán ser escritos en lingua galega.

6.- As modalidades do concurso serán dúas:

  • Relato curto ou conto.
  • Poesía

7.- A extensión dos traballos será como máximo de tres de folios por unha soa cara (para relato curto ou conto) e de un folio por unha soa cara (para poesía). Os traballos mecanografados entregaranse a tamaño de letra 12 e espazo interlineal dobre. Os traballos manuscritos entregaranse nun formato lexible.

8.- Os traballos serán entregados en calquera dos seguintes centros


a) Concello de Poio: no Rexistro Municipal ou por correo certificado (Praza do Mosteiro, 1 C.P. 36995 San Xoán de Poio).
b) Centros educativos de Poio: CEIP Viñas, CEIP Lourido, CEIP Isidora Riestra, CEIP Chancelas, CEIP Espedregada e no IES de Poio.
c) Locais das Asociacións colaboradoras e membros do Consello Municipal de Cultura do Concello de Poio: S.C.D. de Raxó; S.C.D. de Samieira; Ateneo Corredoira de Combarro; Asociación Boureante de A Seara; Asociación Vides Novas de San Salvador.

10. - Entregaranse dous sobres pechados. No interior do sobre 1 incluirase o traballo a presentar. No interior do sobre 2 incluíranse os datos persoais do participante correspondentes (nome, idade, enderezo, teléfono, curso, centro). No exterior do sobre 2 deberá constar a idade, modalidade e categoría (ver punto 13).

11.- O xurado estará formado por unha representación elixida para o efecto polo Consello Municipal de Cultura. O xurado determinará a necesidade de recorrer ao asesoramento de técnicos na materia. A presidencia de honra do xurado permanecerá vacante en lembranza de D. Xaime Isla Couto. O fallo do xurado será inapelable.

12.- O Consello Municipal de Cultura resérvase o dereito de publicar e/ou facer o uso que considere oportuno dos traballos presentados.

13.- As categorías son as seguintes:

  • Categoría A: de 6 a 8 anos*.
  • Categoría B: de 9 a 11 anos*.
  • Categoría C: de 12 a 13 anos*.
  • Categoría D: de 14 a 15 anos.*
  • Categoría E : de 16 a 18 anos.*
  • Categoría F: de 18 anos en diante. Idade cumprida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.

14.- Os premios serán os seguintes:

  • CATEGORÍAS A, B, C, D: diploma e premio de 70 euros por cada categoría e modalidade.
  • CATEGORÍA E: diploma e premio de 90 euros, para cada modalidade.
  • CATEGORÍA F: diploma e premio de 300 euros, para cada modalidade.

15.- O prazo de entrega rematará o mércores 20 de marzo ás 14:00 horas.
16.- O xurado fallará os premios o mércores 10 de abril ás 20:30 horas.
17.- O xurado poderá considerar deserto os premios do grupo F no caso de que os traballos presentados non acaden unha calidade aceptable.
18.- A entrega de premios realizarase no transcurso do acto que se celebrará o día 17 de maio de 2019 ás 17:30 h. no Salón de Actos do Centro Cultural Xaime Illa Couto (Raxó).
19.- A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

A presidenta do Consello Municipal de Cultura Lidia Salgueiro Piñeiro
Poio, a 23 de xaneiro de 2019

 

Vindeiros Eventos

01 Mai 2019
11:00 AM - 12:00AM
Festa dos Maios