A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das nenas e os nenos e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa "Depo Aventura A Lanzada" 2019 e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra.

Este programa ofrece a posibilidade de que nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra do seu contorno habitual.

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 7 ao 28 de marzo de 2019
Bases [PDF]
Folleto Informativo [PDF]
Máis Información

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal

Para calquera dúbida pódese contactar coa OMIX do Concello sita no Centro Social "Casa Rosada" e tamén no teléfono 986 770 001 Ext. 1400

Vindeiros Eventos

27 Abr 2019
09:00 PM -
Get Back - Poio Escena
01 Mai 2019
11:00 AM - 12:00AM
Festa dos Maios