Quedaron aprobadas as bases que rexen o Concurso de Carteis de San Xoán 2019 e que son as seguintes:

1.- CARACTERÍSTICAS DOS/AS PARTICIPANTES

a) neste concurso poderán participar tódolos/as rapaces/zas empadroados e/ou escolarizados en Poio menores de 18 anos, de xeito individual ou en grupo.

b) cada participante poderá presentar unha soa obra.

c) todas as obras deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas nin publicadas

2.- CARACTERÍSTICAS DO CARTEL

a) Tamaño do papel: DIN A-3, en formato dixital adaptable a DIN A-3 (JPG ou TYF).

b) Idioma: Galego.

c) deberá incluír necesariamente os seguintes textos:

  •  FESTAS SAN XOÁN
  •  POIO
  •  XUÑO 2019

3.- CATEGORÍAS DO CONCURSO

  • Categoría A: de 5 a 8 anos*.
  • Categoría B: de 9 a 11 anos*.
  • Categoría C: de 12 a 13 anos*.
  • Categoría D: de 14 a 16 anos.*
*idade cumprida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2019.

4.- PRAZOS E PARTICIPACIÓN

a) os traballos entregaranse acompañados dun sobre (sobre A) no que se incluirán os datos persoais do participante (nome, idade, enderezo, teléfono, curso, centro). No exterior do sobre A deberá constar a idade e a categoría segundo o recollido no punto 3 destas bases.

b) as obras poden presentarse en calquera dos Centros Educativos do Concello de Poio, no IES e nas propias oficinas municipais (Praza do Mosteiro, 1).

c) a data límite de presentación das obras será o día 7 de maio do 2019.

5.-PREMIOS

a) Os premios serán os seguintes:

  • CATEGORÍAS A: 60 € + agasallo conmemorativo.
  • CATEGORÍA B: 80€ + agasallo conmemorativo.
  • CATEGORÍA C: 100€ + agasallo conmemorativo.
  • CATEGORÍA D: 120€ + agasallo conmemorativo.

6.-ENTREGA DE PREMIOS

a) Terá lugar o día 22 de xuño de 2019 no Concello de Poio, no transcurso do acto de pregón. Estes seranlle comunicados pola Concelleira de Cultura e Festexos coa suficiente antelación.

7.- XURADO

a) estará composto pola Concelleira de Cultura e Festexos, un representantes das opcións políticas presentes na corporación municipal e por un representantes do profesorado de artes plásticas dos Centros Educativos Municipais (rotativo, por orde alfabética).

b) este xurado reunirase o día 8 de maio para fallar este concurso.

c) de cada categoría escolleran un cartel gañador. Dos catro carteis resultantes, se escollerá o cartel que será utilizado para a promoción da festa.

 7.- INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA

  • Os premios non serán acumulables.
  • Os premios estarán sometido á normativa fiscal que proceda aplicar.
  • As obras gañadoras quedarán en propiedade do Concello de Poio, polo que o/a autor/a cederá exclusiva e irrevogablemente, o dereito de impresión ou reprodución, total ou parcialmente, en calquera modalidade, así como a utilización da obra para a súa promoción publicitaria, polo que poderá realizar as correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación a soportes, técnicas ou tamaños necesarios.
  • Os traballos premiados deberán recollerse no prazo de 30 días naturais posteriores a data de entrega de premios (22 de xuño). Os que non se recollan neste prazo pasarán a ser propiedade do Concello de Poio.
  • O Xurado do concurso terá competencias para resolver as dúbidas ou calquera circunstancia non prevista nas presentes bases.
  • A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases.

Poio, marzo 2019

 

 

Vindeiros Eventos

21 Set 2019
09:00 PM -
Poio Escena - Des-Armadas