A OMIX informa de que xa está aberto o prazo para solicitar os campamentos de verán da Xunta. Esta campaña vai dirixida a mozos/as de entre 9 e 17 anos e o que se pretende é que ocupen parte das súas vacacións estivais en accións “formativas” nas que se fomentan as relacións interpersonais, poñendo o foco de atención en valores como a solidariedade e o compañeirismo, ademáis de mellorar a conciliación da vida laboral e familiar das familias galegas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Tódolos campamentos están abertos a persoas con discapacidade e, asemesmo, resérvanse 100 prtazas para menores baixo tutela da Xunta e 52 para fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero.

A participación nun campamento inclúe o programa de actividades, o aloxamento no albergue, residencia ou campamento escollido, a manutención en réxime de pensión completa, os materiais necesarios para o desenvolvemento da actividade, atención sanitaria e seguro de accidentes e os prezos oscilan entre os 117 e os 193€, en función do lugar escollido( hai descontos por familia numerosa,familias monoparentais ou mozos/as con carné xove).

Dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil poñemos a disposición das persoas interesadas información máis detallada así como a axuda necesaria para a xestión na petición de praza.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 7 de maio de 2019

Máis información: DOG do 22 de abril de 2019 | Acción de Verán | Anexos Acción de Verán | Folleto

Tel.: 986 770 001 Ext. 1405

Vindeiros Eventos

20 Xul 2019
06:00 PM -
I Xuntanza " Son de Mares " - Campelo
20 Xul 2019
10:00 PM -
Poio Escena - Bolboretas: a vinganza
24 Xul 2019
07:30 PM -
Dia da Matria 2019
03 Ago 2019
10:00 PM -
Poio Escena - Algo pasa con Paco