Xa está aberta a inscripción nas escolas deportivas de deporte base, así como nos grupos de deporte escolar dos diferentes centros educativos do municipio. Para facer a inscripción é preciso cumprimentar a ficha de inscrición (cada disciplina ten a súa) e adxuntando a documentación requerida, e presentala de martes a venres no Concello, en horario de 9:00 a 13:00 horas e nas oficinas da Conc. de Deportes sitas na Escola Obradoiro da Reiboa, en horario de 16:30 a 20:00.

Máis información nos teléfonos 986 77 00 01 (ext 1214) e 698 14 60 08, ou no correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
 
REQUISITOS DE INSCRICIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS

1- Presentar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e asinada polo pai, nai ou titor/a legal acompañada da seguinte documentación:
* Fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a legal
* 1 fotografía tamaño carnet do alumno/
* Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a
* Fotocopia do libro de familia
* Resgardo bancario do abono da cota.
2- Cota de inscrición actividades Escolas Deportivas:
* para os empadroados/as en Poio: 60€/anuais 1º irmán, 50€/anuais 2º irmán, 45€/anuais 3º irmán ou máis.
* para os non empadroados en Poio: 80€/anuais 1º irmán, 70€/anuais 2º irmán, 65€/anuais 3º irmán ou máis.
3- Cota de inscrición actividades Deporte Escolar:
* 30€/anuais 1º irmán
* 20€/anuais 2º irmán
* 10€/anuais 3º irmán ou máis.
4- O ingreso farase no número de conta bancaria que constará na folla de inscrición correspondente a cada actividade, sinalando no concepto o nome do alumno/a e a actividade elixida.
5- Estarán exentos de pagamento os alumnos/as que presenten un informe dos Servizos Sociais do Concello propoñendo a exención do pago.
6- Os horarios indicados son orientativos e poderán sufrir variacións cando se conformen definitivamente os distintos grupos. 




ESCOLAS DEPORTIVAS POIO
 
FÚTBOL masculino | feminino E.D. POIO  Tel.698 14 60 08
- Biberóns-6 Sala (2014-15) Mércores (16:30-18:00 Pav. A Seca) Venres (16:30-18:00 IES)
- Prebenxamín-8 (2012-13) Mércores e venres (16:30-18:00   A Seca/A Reiboa)
- Benxamíns-8 (2010-11) Mércores e venres (16:30-18:00   A Seca/A Reiboa)
- Alevíns-8 (2008-09)  Martes e xoves (16:30-18:00  A Seca/A Reiboa)
- Alevíns-11( 2008-09)  Martes e xoves (16:30-18:00), venres (18:00-19:30)  A Seca/A Reiboa
- Infantiles (2006-07)  Martes, xoves e venres (18:00-19:30  A Seca/A Reiboa)
- Cadetes(2004-05) Martes, xoves e venres (19:30-21:00  A Seca/A Reiboa)
- Xuvenil (2001-02-03)  Martes , xoves e venres (19:30-21:00  A Seca/A Reiboa)
- Adest porteiros: Martes (16:30-17:30, preb e benx/17:30-18:30, alev/18:30-19:30 F-11)

FÚTBOL-SALA  POIO FÚTBOL SALA  691 70 24 39
- Biberón mixto ( 2014-15) Martes e xoves ( 18:00-19:30  Pav. Lourido)
- Prebenxamín mixto (2012-13) Martes e xoves ( 19:30-20:30  Pav. Lourido)
- Benxamín mixto (2010-11) Luns (17:00-18:30) e venres (16:00-17:30)  Pav. Lourido.
- Alevín masc ( 2008-09)  Martes (17:00-18:30) e venres (18:00-19:30)  Pav. IES
- Alevín fem (2008-09)  Luns (20:00-21:15  Pav. Lourido) e venres (20:00-21:30  Pav. IES)
- Infantil masc ( 2006-07) Luns (18:30-20:00  Pav. Lourido) e xoves (18:30-20:00  Pav. IES)
- Infantil fem ( 2006-07)  Martes (17:00-18:30) e xoves (17:00-18:15) Pav. Lourido
- Cadete masc (2004-05)  Luns (19:00-20:30) e xoves (17:00-18:30) Pav. IES
- Cadete fem/xuv (2004-05)  Luns (18:00-19:30) e mércores ( 19:15-20:30) Pav. A Seca
- Cadete fem prov (2004-05)  Mérc (18:00-19:15 Pav. A Seca) e venres (20:30-22:00 Pav.Lourido)
- Xuv masc (2001-02-03) Luns e mércores (20:30-22:00 Pav. IES), venres (19:00-20:00 A Seca)
- Porteiros: Martes e xoves (16:00-17:00  Pav. IES) e venres (19:30-20:30 Pav. Lourido)

BALONCESTO MIXTO  BOA VILA BASQUET  Tel. 698 14 60 08
A partir de 6 anos. Martes e xoves (16:00-17:00  Pav. Lourido) Comezo 1/10

TRIATLÓN-DUATLÓN-BTT  CLUB TRIATLÓN POIO Tel. 685 02 65 99
6 anos en diante. Luns e mércores (16:00-17:00) Instalacións A Reiboa. Comezo 2/10
 
BALONMÁN MIXTO ED POIO ARTAI  Tel. 600 48 80 25
- Benx.mixto (2010-11-12)  Mércores e venres ( 18:00-19:15  Ceip Viñas)
- Alev mixto ( 2008-09)  Martes e venres ( 18:00-19:15  Ceip Viñas)
- Infant femin (2006-07)  Martes(18:00-19:30h. Pav A Seca), mércores (19:00-20:30 Pav Lourido), venres (18:00-19:30 Pav Lourido).
- Cadete masc (2004-05)  Martes (18:30-20:00  Pav A Seca), mércores (19:00-20:30 Pav Lourido), venres (20:00-21:00h Pav A Seca).
- Xuven  masc  (2002-03)  Martes e xoves (19:30-21:00 ), venres (20:00-21:30) Pav A Seca

XIMNASIA RÍTMICA SARAIBA E.D. POIO   Tel. 677 26 65 59
Pav A Seca:
A partir 3 anos. Luns e xoves (16:00h-18:00) (2 grupos, 1h cada un)  Comezo 3/10
Local Campelo-IES:
- De 3 a 5 anos: luns (17:00-18:00) e mércores (17:30-18:30) L. Campelo
- De 6 a 9 anos: luns (18:45-19:45) IES, e mércores (18:00-19:00) L. Campelo.  Comezo 2/10

BAILE SARAIBA E.D. POIO  Tel. 677 26 65 59
De 3 a 12 anos. Martes e xoves (16:30-17:30) Ximnasio Municipal A Seca. Comezo 1/10

XADREZ  CLUB XADREZ PONTEVEDRA  Tel. 646 52 43 94
- Iniciación: (5 anos en diante): Martes (18:45-20:15)
- Perfeccionamento: Venres (20:30-22:00) Comezo 1/10  Centro Formación A Reiboa

PATINAXE E.D. POIO  Tel. 698 14 60 08
8 anos en diante. Mércores (16:00-18:00 - 2 grupos). Comezo 2/10 ACTIVIDADE GRATUITA
Inscrición: na páxina web da Deputación de Pontevedra

XOGOS INICIACIÓN DEP. CLUB ATLETISMO POIO  Tel. 619 22 89 85
De 3 a 7 anos. Martes e xoves (17:15-18:15) CEIP Isidora Riestra. Comezo 1/10

TENIS CLUB TENIS POIO  Tel. 669 70 73 51
A partir 6 anos. 2 días á semana: Mércores. (16:00-19:00  3 grupos, 1 hora cada un),
sábado (09:30-12:30 3 grupos,1 hora cada un) Pavillón Lourido. Comezo 2/10

CICLISMO POIO BIKE CLUB  Tel. 609 50 46 05
A partir de 4 anos. Venres (16:30-18:00) sábados (11:30-13:30) A Reiboa. Comezo 4/10
 
TAEKWONDO ADC CAMPELO  Tel. 676 91 97 38
- 5-10 anos: Luns e mércores (18:00-19:15  Ximnasio Municipal A Seca) Comezo 2/10
- 11-14 anos: Luns e mércores (19:15-20:30 Ximnasio Municipal A Seca) Comezo 2/10
-  REFORZO DEPORTIVO: Xoves (17:30-18:45 Ximnasio Municipal A Seca) Comezo 3/10

KICK-BOXING CLUB KICK BOXING POIO  Tel. 639 84 47 99
- De 3 a 7 anos: Mércores e venres (17:00-18:00) Ximnasio M. A Seca  Comezo 4/09
- De 8 a 11 anos: Venres (18:00-19:00) Ximnasio Municipal A Seca  Comezo 6/09
- Kickboxing-comp: Venres ( 19:00-20:00) Ximnasio M. A Seca  Comezo 6/09
- 12 anos en diante. Luns, mércores (20:30-21:30) e venres (20:00-21:30)
Ximnasio M. A Seca. Comezo 2/09
- Fitkboxing. Martes e xoves (21:30-22:30) Ximnasio Municipal A Seca. Comezo 2/09
INSCRICIÓN E PAGO NA PROPIA ACTIVIDADE

BILLARDA ACDM ARMADIÑA  Tel. 605 91 14 97
Sábados en horario de tarde (a confirmar). Campo de Billarda A Reiboa. Comezo 5/10
 
DEPORTES NÁUTICOS
CAIAC POLO  CLUB KAYAK POLO COMBARRO  Tel. 661 65 64 82
8 anos en diante. Sábados (11:00-13:00). Nave dep. náuticos Combarro. Comezo 5/10

PIRAGUISMO CLUB PIRAGÜISMO POIO  Tel. 625 59 01 36
A partir 9 anos. Martes e xoves (17:15 a 19:00) sábados (16:30-18:15) Nave dep. náuticos
Combarro. Comezo 1 de outubro

VELA RO YATCH CLUB - MARIÑA DE COMBARRO
A partir de 6 anos. Horario por definir. Porto Combarro.

PADDLE SURF SUP CENTER GALICIA
A partir de 10 anos. Martes (16:00-17:00, 17:00-18:00) ou venres (16:00-17:00, 17:00-18:00)
Praia Xiorto. INFORMACIÓN E PREINSCRICIÓN NO CONCELLO
 


DEPORTE ESCOLAR
 
CEIP ESPEDREGADA
COMEZO: 1/10/2019 ~ REMATE: 31/05/2020

MARTES: BAILE (4-11 anos) 16:00-17:00
MULTIDEPORTE (4-11 anos) 17:00-18:00

CEIP LOURIDO
COMEZO: 1/10/2019 ~ REMATE: 31/05/2020
LUNS: MULTIDEPORTE (3-7 anos) 16:00-17:00
MÉRCORES: BALONMÁN (2008-09) 19:00-20:30

C.E.I.P. CHANCELAS
COMEZO: 2/10/2019 ~ REMATE: 31/05/2020
LUNS: X. RÍTMICA (4-11 anos) 16:00-17:00
MÉRCORES: MULTIDEPORTE (3-7 anos) 16:00-17:00
XOVES: FÚTBOL-SALA (4-11 anos) 16:00-17:00

C.E.I.P. VIÑAS
COMEZO: 1/10/2019 ~ REMATE: 31/05/2020
 
MARTES: FÚTBOL-SALA (4-11 anos) 16:30-17:30
MÉRCORES: BAILE (4-11 anos) 16:30-17:30
XOVES: BALONMÁN (5-8 anos) 16:30-17:30

Vindeiros Eventos