fbpx

Os vindeiros luns 9 e martes 10 de decembro, entre as 10:00 e as 12:00 no Centro Cultural Xaime Illa estárá aberto o PROCESO DE SELECCIÓN DE CANDIDATXS para o PROGRAMA INTEGRAL DE EMPREGO do Concello de Poio 2019-2020.

A convocatoria está aberta a interesados en xeral que teñan esas condicións de colectivo de dificil inserción. Será unha selección dos 100 participantes co obxectivo de orientar e formar específica e transversalmente (coaching, habilidades sociais, marca persoal e comercial...), preparar para o mercado de traballo e intermediar con empresas co obxectivo de insertar, un ano máis, como mínimo ao 40% das persoas seleccionadas a participar no programa.

Porque o teu futuro comeza agora! Bótalle unha ollada ó vídeo do ano pasado.

DATA SELECCIÓN: luns e martes 9 e 10 de decembro.
HORA: 10:00 a 12:00 horas
LUGAR: Centro Cultural Xaime Illa (Raxó).

Convócase aos interesados en participar nesta política activa de emprego que pertenzan a colectivos con dificultades de inserción profesional a asistir a esta selección.

 

Vindeiros Eventos

Sen eventos