fbpx

Volve a troula e xa arrecende a Entroido en Poio. Choqueiros! Òs faiados! Bulide a buscar toda a roupa vella que poidades, porque moitas actividades están a agardar por vós, e non hai Entroido sen choqueirada en Poio.

DESCARGAR PROGRAMA

PROGRAMA

VENRES 21 FEB | TEMPO DE ENTROIDO

18:00 H FESTA DA FILLOA. Degustación gastronómica de balde. Troula,  baile e obradoiros infantís

Lugar: Praza do Mosteiro

Promove: Concello de Poio | Organiza: Concellería de Cultura

 

DOMINGO 23 FEB | DESFILE DO ENTROIDO DE POIO

PERCORRIDO E DISPOSITIVO DE TRÁFICO

FORMULARIO DE INSCRICIÓN | BASES

17:00 H Saída do desfile da Avda. Porteliña

Entrega de premios e animación musical ORQUESTA LIMÓN ao remate na rúa Castelao

Concursan: individuais, parellas, grupos (mínimo 5 persoas).

Inscricións: Rexistro Xeral e sede electrónica do Concello do 10 ao 18 de febreiro

Promove: Concello de Poio | Organiza: Concellería de Cultura

 

SÁBADO 7 MARZO | ENTERRO DO GALO FODORICO

20:00 H Saída do cortexo fúnebre do Sartal ata a Praza do Mosteiro, e posterior incineración.

21:00 H- FESTA CHOQUEIRA. Actuación do GRUPO PRISMA. Praza do Mosteiro.

Concurso de choqueiros.  Chocolatada popular

Promove: Concello de Poio

Organizan: ACV Ronsel e Concellería de Cultura | Promove: Concello de Poio

 

DOMINGO 23 FEBREIRO | RECEPCION DO GALO BRUXO

12:00 H Recepción do Galo Bruxo (Praza de Samieira)

Organiza: SCD Samieira | Colabora: Concello de Poio

 

VENRES 28 FEBREIRO | ENTERRO DO MEXILLÓN

17:30 H Festa infantil de entroido na Comunidade de Montes de Combarro

20:30 H ENTERRO DO MEXILLÓN

Saída do cortexo fúnebre do porto da Canteira ata a praza da Chousa e posterior Incineración

Acompañamento das comparsas Os 100tolos e do Grupo de Entroido Samieira.

Organiza: A.C. Ateneo Corredoira | Colabora: Concello de Poio

 

SÁBADO 29 FEBREIRO | ENTROIDO EN CAMPELO

17:00 H Festa infantil de entroido no Local Social de Campelo.

Organiza: AA.VV. Campelo

Colabora: Concello de Poio

 

VENRES 6 MARZO | ENTERRO DO BERBERECHO

19:00 H Festa infantil (Costa Xiráldez – Carpa Entroido)

20:30 H ENTERRO DO BERBERECHO. Premios infantil/adulto: individuais e parellas

Entrega de premios, chocolatada e churros

Organiza: AA.VV. Lourido | Colabora: Concello de Poio

 

SÁBADO 14 MARZO | ENTERRO DO GALO BRUXO

20:00 H ENTERRO DO GALO BRUXO (Praza de Samieira)

Organiza: SCD Samieira | Colabora: Concello de Poio

 

DOMINGO 15 MARZO | CONCURSO DE COMPARSAS E GRUPOS DE FANTASÍA

FORMULARIO DE INSCRICIÓN | BASES

17:00 H Saida da rúa Beiramar ata a praza da Granxa (Campelo)

Chocolatada. Entrega de premios

Promove: Concello de Poio | Organizan: Concellería de Cultura,  ACD Campelo, Sporting Campelo, Comisión de Festas Campelo, A.C. Os 100tolos

As comparsas de Poio serán as anfitrioas do desfile (100tolos, Os Canecos, Grupo Samieira, As Sonecas)

 

 

Vindeiros Eventos

23 Feb 2020
10:00 AM - 02:00PM
II Duatlon Concello de Poio
23 Feb 2020
12:00 PM - 12:00AM
ENTROIDO - Recepción do Galo Bruxo
23 Feb 2020
05:00 PM - 08:00PM
ENTROIDO - Desfile de Entroido
24 Feb 2020
10:00 AM - 02:00PM
Trouleando o Entroido - Casa Rosada
24 Feb 2020
06:00 PM -
Concerto Día de Rosalía - Biblioteca Municipal