fbpx

Os traballos de limpeza e desinfección en estradas do rural continúan a bo ritmo. Ao longo da mañá de hoxe, as brigadas procederon a actuar en lugares como A Serpe (Raxó), Arén (Samieira), A Puntada ou Portosanto (ambos pertencentes á parroquia de San Salvador).

Estas brigadas fórmanas, ademais de voluntarios que se amosan dispostos a utilizar os seus tractores, integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, ademais de operarios municipais. Durante a mañá de hoxe utilizáronse dous tractores, un dos cales, propiedade do Concello, dispón de atomizador.

Estes labores véñense desenvolvendo desde hai varias semanas e serven para reforzar as tarefas que leva a cabo a empresa responsable da recollida do lixo, Valoriza, que actúa periodicamente no rural e tamén se centra na desinfección de núcleos e emprazamentos próximos a establecementos de alimentación, Centros de Saúde, supermercados ou dependencias municipais.