fbpx

Un verán máis, o Mosteiro de San Xoán de Poio acolle unha exposición organizada polo pintor da Cañiza Diego de Giráldez. Trátase dunha mostra que se leva desenvolvendo no templo poiense desde hai 36 anos e que edición tras edicións atrae a un gran número de visitantes e amantes do mundo artístico. A colección xa está aberta ao público e permanecerá operativa ata o vindeiro mes de outubro, tal e como explicou na mañá de hoxe o seu responsable, nun acto de inauguración ao que non faltou o alcalde, Luciano Sobral, que estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez, e o prior do Mosteiro, Arsenio Fernández Rodríguez.

De Giráldez está considerada un dos grandes referentes do realismo a nivel nacional e internacional, sendo o creador da corrente ‘NAS’ (Naturalismo, Abstracción, Surrealismo). As súas obras están representadas en máis de 400 exposicións realizadas en diferentes países, así como en máis de 150 museos. O artista da Cañiza expresou o seu agradecemento tanto ao Concello de Poio como aos responsables do Mosteiro “por acollerme sempre tan ben. Son xa 36 anos organizando esta exposición e iso para min é moi importante”, aseverou. Pola súa banda, Luciano Sobral salientou que esta mostra “xa é un clásico dentro da oferta artística e cultural da que os visitantes e veciños e veciñas poden gozar durante os meses de verán e parte do outono”. O alcalde lembrou que a colección adoita a recibir a un gran número de visitas e agradece a De Giráldez que continúe elixindo Poio para dar a coñecer a súa obra.

Unha das particularidades desta edición da exposición é que as 15 pinturas que permanecerán no Mosteiro son obras que ata o de agora non foran expostas en ningún outro lugar e pertencen á colección persoal do seu autor. Polo tanto, esta será a súa estrea. Ademais das pinturas, tamén se inclúe unha escultura