fbpx

 

Xa está dispoñible o formulario e normativa  matriculación nas actividades de pilates e ioga do Programa Espazo Propio da Concellería de Igualdade. O formulario de inscrición poderá presentarse de xeito presencial ou a través do Rexistro na Sede Electrónica

DESCARGAR NORMATIVA | DESCARGAR FORMULARIO [PDF interactivo]

NORMATIVA

1.- O día 29 de setembro publicaranse no taboleiro de anuncios da Casa Rosa a listaxe de admitidos/as na actividade, que se farán por rigorosa orde cronolóxica de inscrición. Non se admitirán as fichas que non estean debidamente cubertas e asinadas persoalmente pola persoa participante e no estean debidamente rexistradas, así como a declaración responsable por mor do COVID incluída no propio formulario.

2.- Darase prioridade na admisión e listas de reserva as persoas empadroadas no Concello de Poio (comprobarase o padrón), de tal xeito que sendo doutros municipios entrarán en listas de reserva, pero sempre que non se inscriba unha persoa do municipio no intre en que haxa algunha vacante.

3.- O grupo máximo de alumnas/os por grupo é de 16 persoas. O grupo mínimo para comezar a actividade será de 8 persoas. O prezo da actividade será de 20 euros. Recoméndase traer roupa e calzado cómodo para realizar a actividade. E obrigatorio o uso da máscara e o alumnado terá que traer a súa propia esteira.

4.- O horario das clases será o seguinte:

PILATES

  • MAÑA 9.15 -10:00
  • TARDE 19.30 - 20.15 -  21:00 a 21:45 - 20.15 a 21.15 (Online)

IOGA

  • MAÑA 10:15 - 11:15

5.- Debido ao protocolo do COVID é obrigatoria a puntualidade nos horarios das clases. Non se permitirá a entrada de alumnado unha vez iniciada a sesión.

6.- O pago da actividade farase no seguinte número de conta do Concello de Poio: ES86 2080 5419 9130 40116625 nos primeiros cinco días de cada mes

7.- Comezado o mes da actividade, as persoas terán que traer o xustificante de pago ó/a monitor/a da actividade, e se a persoa inscrita non fai o pago, se lle dará automaticamente de baixa, chamando directamente ás persoas que estean en lista de reserva.

8.- Non se gardan prazas, de xeito que se alguén se dá de baixa ao longo do mes, perdería a praza e pasaría a lista de reserva que houbese. Unha vez comenzadas as clases, non se poderá cambiar de grupo.

9.- As clases comezarán o 1 de outubro e rematarán o 30 de maio. Dada a situación excepcional dada pola pandemia do COVID as clases poderán cancelarse ou suspenderse para cumprir coa normativa pertinente e as medidas para previr e controlar o contaxio.