fbpx

 

Máis dun cento de nadadores participarán na I edición da Volta a Nado Illa de Tambo – Concello de Poio que terá lugar o vindeiro 21 de agosto con dous percorridos de 4,5 e 6 km. As inscricións estarán abertas ata o 16 de agosto (incluído) na web www.championchipnorte.com. Ata a data hay nadadores inscritos procedentes de 11 comunidades autónomas ( Galicia, Madrid, Asturias, Andalucía, Cantabria, Baleares, Cataluña, Valencia, Canarias, Castilla-La Mancha e Murcia). Esta competición, organizada polo Concello de Poio e Atlantic Extreme Sportas, ten como obxectivo ser unha das citas de natación máis importantes de Galicia no verán.

O Concello de Poio pon a disposición da ciudadanía o pagamento online de recibos municipales emitidos polo propio Concello que se topen en período de pagamento voluntario. Vostede poderá facer o pagamento con tarxeta de crédito a través da pasarela de pago das dúas entidades que teñen convenio asinado con independencia de cal sexa a súa entidade bancaria. Poderá facer o pagamento dos impostos de construccions, taxas de urbanismo, taxas de expedición de documentos e taxas de dereitos de exame. O resto dos impostos xestionaranse a través da Oficina Virtual do ORAL

Período de pagamento.


Este servizo admite o pagamento dos recibos que se atopen en período voluntario. Se polo contrario o recibo que ten pendiente de pago está en período executivo deberá dirigirse de novo ó Concello. Pódese poner en contacto coa Tesourería Municipal no número 986770001 ext 1223/1224

3.- Que datos me require o sistema para facer o pagamento automatizado?

Os datos que vostede precisará para facer o pagamento xa constan no recibo emitido polo Concello. Se vostede ten algunha dúbida pódese poñer en contacto co Departamento de Recadación de luns a venres de 9.00 a 14.00 no teléfono 986770001 ext 1223/1224.


 

FACER PAGAMENTO AGORA

REQUIRE CERTIFICADO DIXITAL




 

Na Oficina Virtual do ORAL poderá facer o pagamento dos seguintes impostos

  • Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana (IBI)
  • Imposto sobre bens inmobles de natureza rústica. (IBI)
  • Imposto sobre bens inmobles de características especiais (IBI)
  • Imposto sobre actividades económicas. (IAE)
  • Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM)



PAGAMENTO DE TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

FACER PAGAMENTO AGORA

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, e a Concellería de Igualdade do Concello de Poio desenvolverá a programación de actividades de sensibilización e concienciación durante todo este mes, co obxectivo de impulsar e consolidar entre a mocidade, o eido educativo, o social e a cidadanía en xeral valores e ferramentas que consoliden a prevención e a eliminación das violencias sobre as mulleres. A campaña “MAN A MAN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” inscríbese nas medidas adoptadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

PROGRAMA

VIOLENCIAS COTIÁS: OBRADOIROS CREATIVOS #POESÍAVISUAL

Dende o 2 ao 13 de novembro, as asociacións de mulleres do noso concello traballan "Man a Man" para a creación de #PoesiaVisual que servirá de materiais de difusión para sensibilizar a concienciar na necesidade de prevención das condutas machistas e de erradicar a violencia. O material elaborado polas asociacións A.V. A Laxe - Raxó, A.M.M. Airiños do Mar, A.M.M. en Igualdade de Poio, A.V. O Bao, A.M.M. Arela, A.V. Lourido, A.M.M Progresistas e A.M.M. Mulleres do Mar darán a coñecer os seus traballos, documentados pola fotógrafa Xela Ogando, nos vindeiros días. Os materiais en formato postal poderanse recoller nas dependencias municipais, nos locais da Rede de Espazos Municipais e serán distribuídos por todo Poio, como materiais de difusión para identificar os distintos tipos de violencias machistas, e ofrecerán a información do contacto e os servizos e recursos dispoñibles no CIM de Poio.

 

OBRADOIROS EDUCATIVOS

Co obxectivo de poñer en valor o dereito a ser diferente, fomentando espazo escolar como entorno inclusivo, sensibilizando a alumnado e profesorado sobre a LGTBIfobia e visibilizando e entendendo todos os tipos de diversidade, "Man a Man" propón tres actividades no eido educativo que terán lugar no IES de Poio.

Escape Feminista

Consiste nun gran xogo de escape con perspectiva de xénero no que o alumnado participante terá que ir superando probas e enigmas e abrindo candeados para poder atopar as chaves da igualdade. A misión será detectar cada unha das desigualdades de xénero e así poder conseguir as lentes violetas que están agochadas no noso interior.

Obradoiro de Diversidade Afectivo-Sexual: Coñecer, Respectar e Acompañar

Consiste nun proxecto de sensibilización e formación sobre a diversidade afectivo sexual e familiar, dada a importancia de visibilizar as distintas identidades, formas de ser e orientacións sexuais que tradicionalmente foron tachadas como minoritarias ou non normativas, para asegurar un nivel total de aceptación na nosa sociedade e no entorno escolar. Será impartido por persoal da Asociación de Familias Galegas Trans Arela.

Violencias no contorno dixital

Este obradoiro busca coñecer, identificar e previr as diferentes formas de violencia de xénero no contorno dixital. Incorporarase o coñecemento de conceptos, en particular orientados á prevención e ao fomento de percepcións e actitudes cara a violencia de xénero dixital, así como a coñecer procedementos que diminúan o seu impacto: violencia verbal (whatsapp, Instagram...), violencia de control sobre a parella, violencia sexual (acoso, abuso, sextorsión, sexpreading...), sexting, respecto da privacidade, aspectos legais, violencia de xénero, axuda ás vítimas.

 

25 NOV 12.00 HORAS | PARÓN INSTITUCIONAL

O 25 de novembro na Praza do Mosteiro, terá lugar o acto institucional coa lectura do Manifesto da Corporación Municipal contra a Violencia de Xénero e gardar un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista. Paralelamente e tras o acto, poderase admirar os traballos de #PoesíaVisual na Mostra Colectiva #VIOLENCIASCOTIAS na propia Praza do Mosteiro co material elaborado polas asociacións de mulleres integrantes do Consello Municipal da Muller de Poio.

 

28 NOV 10:30 H | III ANDAINA PASO A PASO LIBRES DE VIOLENCIA DE XÉNERO

“Paso a Paso Libres de Violencia de Xénero” é unha actividade de sensibilización contra a violencia de xénero dirixido ao conxunto da cidadanía de Poio, que se formula como o acto de peche da campaña do 25N, e terá lugar o domingo 28 de novembro. A andaina terá como hora de encontro as 10.30 no Bosque das Mulleres en Lourido e a chegada está prevista arredor das 12.00 horas na praza da Chousa de Combarro, onde se realizará a lectura do manifesto en colaboración co Consello Municipal da Muller. A participación na andaina será con inscrición previa no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. As primeiras 200 inscricións recibirán lotes de material de sensibilización da campaña (bolsas, chapas, pulseiras, postais)

Na Praza da Chousa exporanse as mostra de postais de #VIOLENCIASCOTIAS elaboradas polas asociacións de mulleres participantes nunha mostra expositiva simbólica, o visionado da peza audiovisual do proceso creativo colectivo e remataremos coa acción poético reivindicativa da artista “Lúa Mosquetera”.




O cambio de denominación da avenida Francisco Regalado, unha medida impulsada desde a Concellería de Memoria Histórica e que foi aprobada no Pleno ordinario do pasado mes de febreiro, farase efectivo a finais de maio. A titular deste departamento, a nacionalista Marga Caldas, confirmou este mércores que será o día 29 cando se celebre un pequeno acto en Combarro, no que se procederá a colocar as placas coas novas denominacións. Cómpre lembrar que a rúa pasará a contar con dúas nomenclaturas: Rúa Baixada á Chousa (que vai desde o inicio da actual avenida Francisco Regalado ata o número 44, inclusive) e o Paseo das Redeiras (desde o punto anterior ata o remate, nas inmediacións do peirao da Canteira).

O Concello comezou a remitir unha serie de cartas á veciñanza da zona, na que se lle dá cumprida información destas novidades. A misiva, asinada polo alcalde, Luciano Sobral, e a propia titular de Memoria Histórica, vai acompañada dun plano do rueiro municipal, no que se detalla a nova denominación, así como os cambios existentes na numeración. Neste sentido, aclárase que estas modificacións afectan ao que será o novo Paseo das Redeiras, quedando o primeiro tramo como estaba ata o de agora. Tal e como se lembra nestas cartas, esta iniciativa cristalizou “grazas á implicación dos colectivos culturais e veciñais da parroquia de Combarro”, para o cal se impulsou un proceso participativo, no cal, lembra Marga Caldas, “as propostas xiraron en torno á recuperación da toponimia tradicional, así como ao recoñecemento ao labor das mulleres na actividade económica e na vida social da vila, e á democratización das denominacións, coa supresión daquelas que estean vencelladas á ditadura franquista”.

A concelleira de Memoria Histórica aproveitou a ocasión para, unha vez máis, agradecer a implicación e o interese do tecido cultural e social á hora de participar neste proceso. Caldas Moreira asegura que “desde o Concello seguiremos dando pasos e tramitando actuacións que garantan esta hixiene democrática, apostando por aplicar novas denominacións a espazos públicos e rúas do noso municipio que a día de hoxe aínda fagan referencia a unha das épocas máis obscuras do noso país”. Para iso, continuarase apostando pola filosofía mantida con Francisco Regalado, tendo en conta a toponimia local galega e dando visibilidade á figura da muller, habida conta de que boa parte do rueiro de Poio conta con nomes que corresponden a referencias masculinas. “Cumprimos, deste xeito, coa liña que se recolle na nova Ordenanza para o Impulso da Lingua Galega, que aprobados hai uns meses e que era necesaria para actualizar a anterior normativa do ano 1993”, remata a concelleira do BNG.