fbpx

DISPOSICIÓNS XERAIS

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e procedemento para a concesión de subvencións no termo municipal de Poio, de conformidade cos principios de obxectividade, igualdade, concorrencia e publicidade, estando dirixidas a clubs e entidades deportivas e deportistas individuais coa finalidade de sufragar parte dos gastos que lles ocasione a promoción de actividades deportivas de interese municipal.

O procedemento de concesión rexerase polo establecido na lexislación sobre réxime Local (Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, Regulamento de Servizos de 1955, Lei de Administración Local de Galicia, Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia), sendo tamén de aplicación a Ordenanza Xeral reguladora de Subvencións do Concello de Poio (BOPPO nº64 de 6 de xuño de 2005).

1. FINALIDADE E OBXECTO

Estas bases teñen por obxecto establecer o procedemento para a convocatoria e concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento e promoción das actividades deportivas desenvoltas polos clubs e entidades deportivas e deportistas individuais beneficiarios, colaborando no financiamento dos custos económicos da súa participación en competicións de carácter federado.

Aos efectos de evitar duplicidades coas axudas destinadas ao programa Deporte Base-Escolas Deportivas do Concello de Poio, non se terán en conta, tanto á hora de avaliar ós méritos de outorgamento coma á hora de xustificar os gastos, aqueles/as deportistas que consten inscritos/as no referido programa nas tempadas 2019/20 e 2020/21, segundo os rexistros recollidos na Concellería de Deportes.

O período subvencionable abrangue á temporada deportiva 2020/21, entendendo por tal o período comprendido entre o 1 de agosto de 2020 e o 31 de xullo de 2021.

2. BENEFICIARIOS

Poderán optar a estas subvencións:

- Liña 1: Clubs e entidades deportivas de carácter federado, que figuren inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións.

Deberán contar cunha traxectoria da actividade competitiva no municipio de Poio mínima de dous anos.

- Liña 2: Deportistas federados empadroados no Concello de Poio cunha antigüidade mínima de dous anos e que compitan en modalidades deportivas de carácter individual.

Deberán cumprir en todo caso os seguintes requisitos:

a) Carecer de ánimo de lucro.

b) Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Poio.

c) Estar ao corrente das obrigas tributarias co Concello de Poio.

 

3. OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS

 

Son obrigas dos beneficiarios:

 

  1. Cumprir o proxecto ou actividade que fundamentou a concesión da subvención.

  2. Xustificar ante o Concello de Poio, o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e finalidade que determine a concesión da subvención.

  3. Someterse as actuacións de comprobación e control que sexan debidamente requiridas polos órganos municipais, aportando canta información lles sexa requirida no exercicio destas actuacións e que estean relacionadas coa concesión da subvención.

  4. Comunicar ó Concello a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, de carácter público ou privado, que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza, e en todo caso, con anterioridade a xustificación da aplicación dada ós fondos percibidos.

  5. Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se atopa ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias coas facendas Estatal, Autonómica, e Local e fronte a Seguridade Social.

  6. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable, ou no seu caso, os estados contables que garantan o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

  7. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de control e comprobación.

  8. Deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento de programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención, coa inclusión do logotipo do Concello de Poio ou do programa deportivo Poio Móvese. Asemade, toda a publicidade: folletos, cuñas publicitarias, pancartas, carteis, etc... deberán estar redactados polo menos en galego.

  9. Proceder ó reintegro dos fondos públicos percibidos nos supostos contemplados no art. 37 da LXS.

  10. Aceptar a subvención, en caso contrario, deberán renunciar expresa e de forma motivada á mesma, no prazo máximo de 10 días hábiles dende a data de publicación da resolución de concesión no taboleiro de anuncios do Concello.

 

 

 

4. CRÉDITO E CONTÍA

 

Estas subvencións faranse efectivas con cargo a aplicación orzamentaria 341.48900 ata unha contía máxima de 34.150 € correspondente o Orzamento xeral vixente para o exercicio 2021, destinando os seguintes importes a repartir entre tódolos adxudicatarios, segundo cada Liña de axuda:

 

- Liña 1: 30.750€

 

- Liña 2: 3.400€

 

As subvencións que se concedan son compatibles con outras axudas, subvencións ou ingresos de entidades públicas ou privadas. En ningún caso o importe da subvención municipal poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, de carácter público ou privado, supere o custo total da actividade a desenvolver polo beneficiario.

 

 

 

5. SOLICITUDES

 

Os interesados en acollerse ós beneficios destas bases, elevarán petición por medio de instancia dirixida ó Alcalde de Poio e a presentarán no Rexistro Xeral do Concello, ou a través de calquera das formas sinaladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, no prazo de 15 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

 

No caso de solicitantes da LIÑA 1, e de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a presentación e tramitación desta subvención farase exclusivamente por medios electrónicos a través da sede electrónica do Concello de Poio (https://concellopoio.sedelectronica.gal), mediante o procedemento electrónico habilitado a tal efecto.

 

Os interesados en obter esta subvención deberán solicitalo mediante a presentación da seguinte documentación:

 

 

 

1.- AMBAS LIÑAS:

 

a) Instancia asinada polo peticionario (nai/pai/titor legal no caso de menores de idade) ou no caso de persoas xurídicas polo representante legal debidamente acreditado solicitando a concesión da subvención, segundo modelo facilitado polo Concello de Poio.

 

b) Fotocopia do Código de Identificación Fiscal (C.I.F.) no caso de persoas xurídicas e do Número de Identificación Fiscal (N.I.F.) no caso de persoas físicas.

 

c) Memoria asinada, descritiva da actividade para a que solicita a subvención, na que se faga unha descrición sucinta da mesma, con mención de aspectos tales como: actividade competitiva federada no municipio nos últimos dous anos e na tempada actual, número de socios, categorías nas que compite o club ou entidade deportiva,... No caso da Liña 2 a memoria poderá facer referencia a: traxectoria deportiva do/a deportista, logros deportivos acadados,....

 

d) Declaración formal das subvencións, axudas, ingresos ou recursos, de carácter público ou privado para esa mesma actividade, percibidos ou solicitados pendentes de resolución, con expresión da súa contía, comprometéndose a comunicar ao Concello de Poio a concesión de calquera outra axuda de entes públicos ou privados solicitada ou percibida con posterioridade a presentación desta solicitude. (Anexo I)

 

e) Os datos bancarios da conta á que se transferirá o importe da subvención, debidamente certificada pola entidade bancaria.

 

f) Certificado de estar o corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, mediante certificación emitida polos organismos competentes (Axencia Estatal de Administración Tributaria, Axencia Tributaria de Galicia, Tesourería Xeral da Seguridade Social). No momento de presentación da solicitude da subvención será válida a presentación dunha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario e de non ser debedor das Facendas Estatal e Autonómica nin da Seguridade Social (Anexo I). Unha vez resolto o procedemento de concesión, para a percepción do importe adxudicado será obrigatoria a presentación dos certificados sinalados, salvo que o importe da subvención concedida sexa inferior a 3.000 €. O Concello comprobará de oficio a inscrición no Rexistro municipal de Asociacións e a non existencia de débedas coa facenda municipal.

 

2.- DOCUMENTACIÓN ADICIONAL LIÑA 1:

 

a) Certificación dos cargos representativos e domicilio social do club/entidade deportiva, con expresión do DNI ou CIF. (Anexo II).

 

b) Certificación emitida pola federación deportiva correspondente na que se acrediten un, dous ou todos dos seguintes termos na tempada 19/20 (período entre o 1 de agosto de 2019 e o 31 de xullo de 2020), ou entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2020 (no caso de que a tempada da modalidade deportiva en cuestión coincida co ano natural):

 

- número de xornadas, torneos, campionatos,... de carácter federado nos que participou o club nas categorías obxecto da presente convocatoria, con indicación do municipio e provincia (ou país no caso de competicións internacionais) no que se disputou cada unha das mesmas, dado que o criterio a seguir na adxudicación dos puntos segundo o punto 7 das presentes bases será o do desprazamento xeográfico concreto de cada xornada, torneo ou campionato, polo que no caso de competicións en formato “liga” deberá aportarse a información requirida para cada unha das xornadas que conforman a competición.

 

- número de fichas federativas, tanto de deportistas como de adestradores, por cada unha das categorías obxecto da presente convocatoria.

 

- número de adestradores federados do club con indicación do seu nivel técnico (I, II ou III). No caso de que nalgunha modalidade deportiva o nivel dos adestradores empregue outra nomenclatura, a federación correspondente deberá emitir certificado no que estableza a equivalencia cos niveis I, II ou III. Puntuarase soamente a titulación máis alta de cada adestrador.

 

c) relación nominativa dos/as deportistas federados/as, que deberá corresponderse co número de fichas certificado pola federación correspondente (aos efectos de evitar duplicidades coas axudas destinadas ao programa Deporte Base-Escolas Deportivas do Concello de Poio, non se terán en conta, aqueles/as deportistas que consten inscritos/as no referido programa nas tempadas 2019/20 e 2020/21, segundo os rexistros recollidos na Concellería de Deportes).

 

3.- DOCUMENTACIÓN ADICIONAL LIÑA 2:

 

a) certificación emitida pola federación deportiva correspondente na que se acrediten un ou dous dos seguintes termos na tempada 19/20 (período entre o 1 de agosto de 2019 e o 31 de xullo de 2020), ou entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2020 (no caso de que a tempada da modalidade deportiva en cuestión coincida co ano natural):

 

- número de xornadas, torneos, campionatos,... de carácter federado nos que participou, con indicación do municipio e provincia (ou país no caso de competicións internacionais) no que se disputou cada unha das mesmas, dado que o criterio a seguir na adxudicación dos puntos segundo o punto 7 das presentes bases será o do desprazamento xeográfico concreto de cada xornada, torneo ou campionato, polo que no caso de competicións en formato “liga” deberá aportarse a información requirida para cada unha das xornadas que conforman a competición.

 

- os resultados obtidos, no seu caso, nos campionatos galego, español, europeo ou mundial da modalidade deportiva en cuestión.

 

Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na norma da convocatoria, o instrutor requirirá ó interesado para que a corrixa no prazo máximo e improrrogable de dez días, indicándolle que se non o fixese teráselle por desistido da súa solicitude no caso da documentación recollida no punto 5.1 e 5.2.a) das presentes bases, ou non se terá en conta á hora de aplicar os criterios de valoración no caso da documentación recollida nos puntos 5.2.b), c) e 5.3.a) das presentes bases, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

 

 

 

6. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

 

A concesión das subvencións realizarase polo sistema de concorrencia competitiva, que se iniciará de oficio trala aprobación da presente convocatoria e bases por parte da Xunta de Goberno Local do Concello de Poio.

 

A instrución do procedemento de concesión de subvencións corresponderá á Concelleira Delegada de Deportes do Concello de Poio. Realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

 

A Comisión de Avaliación será a encargada de avaliar e informar, seguindo os criterios establecidos nas presentes bases e na lexislación aplicable, sobre os seguintes termos:

 

- cumprimento ou non dos requisitos esixidos nas presentes bases por parte das solicitudes presentadas, tanto para obter a condición de beneficiario/a como no cumprimento dos requisitos formais e documentais para participar no proceso de concesión, indicando no seu caso a emenda dos defectos detectados.

 

- puntuación acadada por cada unha das solicitudes en función dos méritos acreditados segundo o establecido no punto 5 das presentes bases e valorados segundo os criterios establecidos no punto 7.

 

- determinación, en función das puntuacións anteriores, do importe asignado a cada unha das solicitudes ou da súa exclusión por non cumprir os requisitos esixidos de participación.

 

A comisión de avaliación estará integrada polos seguintes membros:

 

- Presidente: a concelleira delegada de Deportes, ou persoa en quen delegue.

 

- Secretario: a secretaria xeral do Concello ou persoa en quen delegue.

 

- Vocais: a interventora xeral ou persoa en quen delegue, o tesoureiro ou persoa en quen delegue e un traballador municipal.

 

Á vista do expediente e do informe da comisión de avaliación, o órgano instrutor formulará proposta de resolución definitiva á Xunta de Goberno Local, comprensiva dos seguintes extremos:

 

- Relación de solicitantes aos que se lle concede subvención.

 

- Contías concedidas.

 

- Mención expresa de que as restantes solicitudes se entenderán desestimadas.

 

- Recursos que se poderán interpoñer contra esta e prazo de presentación.

 

Á vista da proposta elevada polo órgano instrutor, a Xunta de Goberno Local será o órgano encargado de emitir resolución definitiva do procedemento de concesión.

 

A resolución da concesión publicarase na localización web e no taboleiro de anuncios do Concello, con expresión da convocatoria, crédito orzamentario o que se imputan, beneficiarios e contías percibidas, substituíndo a notificación individual. A práctica da notificación ou publicación axustarase ás disposicións contidas no artigo 42 e 43 da lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses. O prazo se computará a partir da publicación da correspondente convocatoria, salvo que a mesma pospoña os seus efectos a unha fecha posterior.

 

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo de un mes dende o día seguinte o da súa notificación, o amparo do establecido no artigo 123.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de dous meses contados dente o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, de 3 de xuño, da xurisdición Contencioso-Administrativa. De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este resolverase e notificarase no prazo dun mes segundo establece o artigo 123.2 da citada Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 24.2 da Lei 39/2015, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de 6 meses contados dende o día seguinte de aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998.

 

 

 

7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

Os criterios de avaliación para o outorgamento de subvencións e fixación da súa contía serán os seguintes:

 

LIÑA 1:

 

- número de fichas federativas nas categorías obxecto da presente convocatoria: 0,25 ptos/ficha. (Aos efectos de evitar duplicidades coas axudas destinadas ao programa Deporte Base-Escolas Deportivas do Concello de Poio, non se terán en conta, aqueles/as deportistas que consten inscritos no referido programa nas tempadas 2019/20 e 2020/21, segundo os rexistros recollidos na Concellería de Deportes).

 

- nivel técnico dos adestradores: por cada adestrador:

 

- nivel III: 5 ptos.

 

- nivel II: 3 ptos.

 

- nivel I: 1 pto.

 

- por cada xornada de liga, campionato, torneo no que compita, segundo o ámbito xeográfico do desprazamento para a participación na mesma:

 

- de ámbito provincial: 1 pto

 

- de ámbito autonómico: 2 ptos.

 

- de ámbito nacional: 4 ptos.

 

- de ámbito internacional: 8 ptos.

 

LIÑA 2:

 

- campionatos/torneos nos que participou segundo o ámbito xeográfico do desprazamento para a participación na mesma:

 

- de ámbito provincial: 1 pto.

 

- de ámbito autonómico: 2 ptos.

 

- de ámbito nacional: 4 ptos.

 

- de ámbito internacional: 8 ptos.

 

- resultados en campionatos Galegos, de España, Europeo ou Mundial:

 

> Cto. Galego da modalidade:

 

- 1º posto: 3 ptos.

 

- 2º posto: 2 ptos.

 

- 3º posto: 1 pto.

 

> Cto. de España da modalidade:

 

- 1º posto: 6 ptos.

 

- 2º posto: 4 ptos.

 

- 3º posto: 2 ptos.

 

> Cto. Europeo ou Mundial da modalidade:

 

- 1º posto: 8 ptos.

 

- 2º posto: 6 ptos.

 

- 3º posto: 4 ptos.

 

 

O ámbito temporal de avaliación para ambas liñas será a tempada 19/20 (período entre o 1 de agosto de 2018 e o 31 de xullo de 2019) ou o ano 2020 (no caso de que a tempada coincida co ano natural).

 

Determinación das contías a conceder:

 

- Liña 1: o valor do punto resultará da fórmula matemática da división da consignación orzamentaria entre a suma total de puntos outorgados a cada unha das solicitudes, conforme a baremación feita segundo o punto 7 das presentes bases.

 

- Liña 2: establécense 8 bolsas que se asignarán aos/as deportistas que acaden as maiores puntuacións en virtude dos criterios de avaliación do punto 7 das bases, segundo o seguinte reparto:

 

1º con maior puntuación: 600 €.

 

2º con maior puntuación: 550 €.

 

3º con maior puntuación: 500 €.

 

4º con maior puntuación: 450 €.

 

5º con maior puntuación: 400 €.

 

6º con maior puntuación: 350 €.

 

7º con maior puntuación: 300 €.

 

8º con maior puntuación: 250 €.

 

En caso de empate resolverase segundo a maior puntuación acadada no apartado “resultados en campionatos Galegos, de España, Europeo ou Mundial” dos criterios de avaliación. En caso de persistir o empate tomarase a puntuación obtida no apartado “campionatos/torneos nos que participou segundo o ámbito xeográfico dos mesmos” dos criterios de avaliación. De persistir o empate resolverase por sorteo.

 

 

8. GASTOS SUBVENCIONABLES

 

Se consideran gastos subvencionables aqueles gastos correntes que, de maneira indubitada, respondan a natureza da actividade subvencionada, e se realicen no prazo establecido nas convocatorias, entre outros: licencias federativas; seguros deportivos de accidentes e de responsabilidade civil; cotas de inscrición en competicións federadas; gastos de transporte, manutención e aloxamento para asistir a competicións; salarios dos adestradores; outros gastos propios da participación en competicións federadas que os clubs deben asumir en función da regulamentación federativa correspondente (árbitros, xuíces, canon federativo,...); material deportivo non inventariable.

 

Tendo en conta o incremento de gastos que, os clubs e entidades deportivas e os deportistas a nivel individual, sufriron a causa das adaptación que na activade deportiva se tiveron que facer a causa da crise sanitaria causada polo COVID-19, serán subvencionables os gastos correntes derivados da implantación de medidas hixiénicas e sanitarias para dar cumprimento ás recomendacións das autoridades competentes relativas ao covid-19 no desenvolvemento da actividade.

 

Os gastos financeiros, de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais e os gastos periciais para a realización do proxecto ou actividade subvencionada e os de administración específicos, son subvencionables se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución da mesma.

 

En ningún caso serán gastos subvencionables:

 

a) Materia deportivo de carácter inventariable.

 

b) Os xuros debedores das contas bancarias.

 

c) Xuros, recargos e sancións administrativas e penais.

 

d) Os gastos de procedementos xudiciais.

 

e) Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

 

f) Impostos persoais sobre a renda.

 

g) Os gastos incluídos no programa Deporte Base-Escolas Deportivas do Concello de Poio, por parte dos clubs/entidades que participen no referido programa.

 

Serán gastos subvencionables os efectivamente realizados no período que abrangue do 1 de agosto de 2020 ao 31 de xullo de 2021. Todos os gastos realizados neste período deberán acreditarse como pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación.

 

9. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

 

Os beneficiarios acreditarán o cumprimento da finalidade para a que se concede a subvención coa presentación da seguinte documentación no Rexistro Xeral do Concello ou, obrigatoriamente no caso das entidades beneficiarias da Liña 1, na sede electrónica do Concello, con data límite 31 de outubro de 2021:

 

- Memoria asinada na que se inclúa a declaración das actividades realizadas financiadas coa subvención.

 

- Memoria económica indicando os gastos realizados e os ingresos obtidos, xunto cos documentos xustificativos dos gastos realizados (empregando para elo o modelo conta xustificativa- Anexo III). Estes gastos se acreditarán mediante facturas expedidas con tódolos requisitos establecidos no artigo 6 do Real Decreto 1619/2012 de 30 de novembro e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa. Ademais as facturas estarán datadas no período subvencionable e deberá presentarse xustificación documental que acredite o pago (xustificante transferencia bancaria) ou, no seu caso, facendo constar na factura o "recibín" do perceptor con indicación do DNI, nome, apelidos e sinatura do mesmo.

 

    • Os gastos de persoal acreditaranse mediante nómina, e documentación da Seguridade Social correspondente (modelos TC), e xustificante documental do seu pagamento.

    • Os gastos de arbitraxe acreditaranse mediante certificados orixinais das federacións deportivas correspondentes sobre gastos de arbitraxe e xustificantes do seu pago pola asociación ou club deportivo.

    • Aceptarase como xustificante de gasto: certificacións oficiais federativas, certificacións de mutualidades deportivas, certificacións de colexios de árbitros ou certificacións da póliza do seguro de responsabilidade civil da entidade.

    • A operacións con importes superiores a 2.500,00 € non poderán ser pagadas en efectivo, de acordo co previsto na Lei 7/2012 de 20 de outubro de 2012, polo que deberá acreditarse o seu pagamento mediante xustificante bancario.

 

- Certificados de estar o corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, mediante certificación emitida polos organismos competentes (no caso de ter presentado unha declaración no momento de presentar a solicitude da axuda). En virtude do exposto no artigo 24 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, no caso de ser o importe da subvención concedida inferior a 3.000€ se permitirá unha simplificación da acreditación do cumprimento destas obrigas podendo substituír os certificados por unha declaración responsable.

 

- A documentación acreditativa da difusión da imaxe do Concello de Poio ou do programa de deportes Poio Móvese ou da condición de beneficiario da subvención, nas actividades obxecto da convocatoria. A modo de exemplo: a través da inclusión dos logos facilitados pola Concellería de Deportes na roupa ou material deportivo, a través de publicacións en páxinas web ou redes sociais do beneficiario, difusión en medios de comunicación, etc, ou de calquera outro xeito análogo.

 

En caso de que a documentación presentada non cumpra cos requisitos sinalados ou sexa insuficiente, farase un único requirimento para que no prazo improrrogable de 10 días se complete a documentación presentada. Pasado este prazo sen emendar os defectos notificados darase a subvención por non xustificada ou parcialmente xustificada, en función da natureza do defecto non emendado.

 

Presentada a xustificación sinalada e comprobada a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinou a concesión da subvención, previo informe de Intervención, polo órgano competente formularase proposta de pagamento.

 

O aboamento das subvencións xustificadas efectuarase mediante transferencia bancaria a conta sinalada polo beneficiario.

 

ANTICIPOS- Co fin de garantir o financiamento necesario para o desenvolvemento da actividade inherente á subvención, dado que para o desenvolvemento da mesma os clubs e deportistas deben afrontar gastos de xeito anticipado como pode ser os pagos de fichas federativas, seguros, compras de material, etc., os beneficiarios poderán solicitar, unha vez comunicada a resolución definitiva, o ingreso dun anticipo de ata o 80% da cantidade adxudicada á que teñan dereito.

 

A solicitude do anticipo deberá ser presentada no Rexistro Xeral do Concello de Poio e, no caso de entidades beneficiarias da Liña 1, obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello de Poio, e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

 

- Certificados de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes, no caso de que non se presentaran coa solicitude de participación no proceso de adxudicación.

 

- Certificado de titularidade da conta bancaria, no caso de que non se presentaran coa solicitude de participación no proceso de adxudicación.

 

De non cumprirse algún dos requisitos anteriormente mencionados, darase un prazo improrrogable de 10 días hábiles para achegar a documentación que se precise.

 

Os importes ingresados en concepto de anticipo estarán suxeitos ás mesmas accións de control e fiscalización municipais para garantir o seu correcto investimento e deberán xustificarse, xunto coa totalidade da axuda concedida, no prazo e forma establecido na base novena.

 

 

 

10. REINTEGRO

 

O órgano concedinte será o competente para esixir do beneficiario o reintegro das cantidades percibidas e o interese de demora dende a data do pago da subvención ata a data en que se acorde a procedencia ó reintegro. Cando se aprecie a existencia dalgún dos supostos seguintes:

 

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para elo ou ocultando aquelas que o impediran.

 

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade, do proxecto ou a non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

 

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente.

 

d) Incumprimento da obrigación de adoptar as medidas de difusión que se establezan.

 

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa as actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 14 e 15 da LXS, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando de elo se derive a imposibilidade de verificar o fin dado os fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

 

f) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades colaboradoras e beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ó modo en que se deben acadar os obxectivos, realizar a actividade, executar o proxecto ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

 

g) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades colaboradoras e beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando de elo se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado ós fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

 

h) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da que se derive unha necesidade de reintegro.

 

i) Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.

 

As cantidades a reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público,resultando de aplicación para o seu cobro o previsto na Lei Xeral Presupostaria.

 

 

 

11. RÉXIME SANCIONADOR

 

Os beneficiarios das subvencións quedarán sometidos ás responsabilidades e réxime sancionador establecido na Lei Xeral Presupostaria (Lei 47/2003 de 26 de novembro), e no art. 40 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e demais normas concordantes: Lei Orgánica 2/1982, de 12 de maio, do Tribunal de Contas e Lei Ordinaria do Consello de Contas de Galicia.

 

 

 

12.- TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

 

En cumprimento co establecido na actual normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable polo Concello de Poio, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento.

 

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos, tal e como se explica na información adicional sobre Protección de Datos na páxina web do Concello de Poio na seguinte ligazón www.concellopoio.gal/index.php/politica-de-privacidade.

 

 

 

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

 

A presentación de solicitude de leva implícita a autorización ao Concello de Poio para que publique na súa páxina web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Poio, a relación de beneficiarios/as e o importe das axudas concedidas, coas excepcións previstas nas leis.

 

En virtude do exposto no artigo 20.8.a) da Lei Xeral de Subvencións, o Concello de Poio como administración concedinte comunicará á Base de Datos Nacional de Subvencións o texto da convocatoria e a información requirida pola Base de Datos.

 

No non previsto especificamente nestas Bases rexerán as normas da Lei xeral de subvencións, e restantes disposicións vixentes.

 

Estas bases entrarán en vigor ao día seguinte da súa publicación integra no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo do prazo establecido no artigo 70.2 da Lei reguladora das Bases de Réxime Local.