fbpx

O Concello de Poio a través da Concellería de Promoción Económica ten entre os seus obxectivos, entre outros:

  • Dinamizar a actividade económica para incentivar a creación de emprego e a implantación de empresas no municipio
  • Fomentar a creación de novas empresas facilitándolle aos emprendedores o asesoramento necesario para elo
  • Promover a inserción laboral dos traballadores a través de programas de formación que lles faciliten o acceso a un posto de traballo por conta propia ou allea
  • Favorecer o desenvolvemento de sectores económicos con gran potencial de crecemento
  • Elaborar, en colaboración con outros organismos ou de xeito independente, proxectos e programas que incidan no desenvolvemento local

Para levar a cabo os obxectivos anteriores e tentar diminuír o número de desempregados do municipio, crea unha bolsa de emprego que facilitará o acceso ao mercado laboral dos desempregados do municipio sendo un mecanismo privado de inmediación directo entre empresas e demandantes de emprego adicional (máis próximo) para os veciños de Poio do que o é Servizo Público de Emprego dependente da Xunta de Galicia.

A principal tarefa a desenvolver, é a elaboración dunha base de datos de persoas demandantes do municipio na que se poden inscribir os/as demandantes de emprego de Poio, co obxecto de poñer os seus datos a disposición dos ofertantes de emprego.

O servizo sería de balde e o persoal encargado de poñelo en marcha e mantelo en correcto funcionamento é a Axente de Desenvolvemento Local que poñerán en contacto ás persoas coas empresas, non sendo responsable o Concello das relacións contractuais que poidan xurdir entre as mesmas.

REQUISITOS PARA PODER INSCRIBIRSE NA BOLSA DE EMPREGO:
  • Persoas maiores de 16 anos
  • Estar empadroado no Concello de Poio
FUNCIONAMENTO DA BOLSA

As persoas interesadas en figurar inscritas na bolsa (como demandantes ou como mellora de emprego) deberán encher unha solicitude de inscrición (demanda ou mellora de emprego) e pasar a entregala no Rexistro Municipal. Tamén poden achegar opcionalmente e a maiores un currículum vitae. No modelo de solicitude (que se xunta) constan datos persoais dos demandantes de emprego nos que se terá en conta os dereitos de acceso, rectificación e cancelación da Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro.

Así mesmo deben notificarse do mesmo xeito (escrito en Rexistro) as variacións de datos.

Unha vez comunicados os datos polo usuario , comunicaránselle as ofertas de emprego coincidentes co seu perfil concreto que as empresas do municipio, previamente notificadas da existencia do servizo e adheridas ao mesmo , presenten no concello. A comunicación farase preferiblemente a través de e-mail ou ben citaranse telefonicamente para que pasen a recollelas no concello. A maiores as ofertas publicaranse na páxina web do concello.

Requisitos dos ofertantes de emprego: as empresas que estean interesadas en solicitar candidatos deberán encher o modelo de oferta de emprego-formulario de acceso ao servizo (que se xunta) para a solicitude de candidatos indicando o perfil solicitado nesa ficha e remitila ao Rexistro Municipal. Tamén se esixirá que notifiquen do mesmo xeito o resultado do proceso de selección para poder dar de baixa ou pasar a mellora de emprego se o desexan aos usuarios efectivamente contratados.

En todo momento o procedemento de recollida e tratamento de datos axustarase as prescricións da Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos.

DOCUMENTACION

Demanda ou mellora de emprego

Oferta de emprego / Formulario de acceso ao servizo

Códigos CNO 2011 das ocupacións da Oficina de Emprego Ano 2016