A Concellería de Cultura, a través dos seus perfís oficiais en redes sociais, súmase á celebración do Día Internacional dos Arquivos, o vindeiro 9 de xuño, e que este ano servirá para homenaxear ao persoal sanitario, en recoñecemento ao seu labor e esforzo na loita contra a Covid-19.
Deste xeito, na páxina de Facebook Poio Cultura habilitarase un enlace, a través do cal os usuarios e usuarias poderán visitar a páxina web do Ministerio de Cultura e Deporte, onde se ofrece aos internautas un espazo para consultar arquivos vencellados a numerosas personalidades que destacaron dentro o eido da sanidade a nivel nacional. Así, por exemplo, poderase consultar información sobre o científico Sadí de Buen Lozano, que foi pioneiro á hora de instaurar un control biolóxico sobre a enfermidade do paludismo (malaria) a principios do século XX. Tamén se achega material virtual sobre a histórica Expedición Balmís (1803 – 1810), unha acción humanitaria sen precedentes ata entón, que se fixo para loitar contra a viruela. Na mesma participou a enfermeira coruñesa Isabel Zendal. Ela foi a encarga de coidar aos 22 cativos e cativas que portaban o antídoto desde Galicia ata portos españois situados en América e Filipinas.
Ademais, a través do perfil de Facebook Poio Cultura tamén se poderá acceder ao buscador ‘Atopo’, da Deputación de Pontevedra (atopo.depo.gal). Trátase dun catálogo documental que conta con máis de 400.000 obxectos dixitais a disposición de usuarios e usuarias, entre os que se atopa bibliografía xestinada polo Museo de Pontevedra, arquivos municipais e material correspondente a diferentes institucións da provincia pontevedresa.
O Día Internacional dos Arquivos celébrase cada 9 de xuño para conmemorar a creación do Consello Internacional de Arquivos da Unesco, que data do ano 1948.