fbpx

Un ano máis, o Centro Social pretende sumarse á celebración do Día Escolar da Non Violencia a Paz que é o día 30 de xaneiro, luns .Este día traballamos en coordinación cos centros de primaria de Isidora Riestra, Espedregada,Lourido, Viñas, Chancelas e o IES Fontenla. Este ano dado que a proposta na que se vai a traballar precisa de todos os apoios posibles , fixemos unha invitación para que as concellarías de igualdade, educación e deportes traballaran connosco neste mesmo senso.


Dia Internacional da Non Violencia e da Paz
Ao longo de moitos anos nunca faltamos á cita de conmemoración deste día e casi sempre dámoslle un tinte simbólico -festivo . Pero este ano a máis de 8000 Kmts de distancia no Sur de Mozambique, nunha localidade de nome Boane, existe un orfanato no que viven e forman un verdadeiro hogar 150 menores vitimas da guerra e da pandemia SIDA . Este centro chámase “CASA DO GAIATO”.

No mes de Outubro a traballadora do concello Raquel Morales ( directora do CIM) tivo a oportunidade ( a través do programa "Especilaistas en Cooperar" do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que o concello de Poio é socio) de compartir poxectos de igualdade con esta comunidade e coñecer a unha das persoas fundadoras deste centro que non é outra que a enfermeira galega Maria José...un ser xeneroso que ten a forza dun ciclón para cambiar cousas que parecen un imposible.

A finais de novembro , recibíamos a triste nova de que na Casa do Gaiato un incendio provocaba danos e perdas nun almacén no que gardaban alimentos, material escolar, roupa ou artículos de limpeza. En momentos coma este todo apoio é fundamental e calquera aportación é inmensamente benvida. 
 
Sabedes que dá moita Paz?
Pois cando ofrecemos axuda (por pequena que sexa) sen esperar nada a cambio. Este ano o concello de Poio , a comunidade escolar e o tecido asociativo ( social,cultural, veciñal,deportivo....) imos celebrar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ ( 30 de xaneiro) ofrecendo axuda económica ao orfanato "Casa do Gaiato” deseñamos unha campaña de captación de fondos baixo o lema "EU SON GAIT@" os fondos recaudados destinaranse á ONG MOZAMBIQUE SUR. que xa son sabedores de que estamos a realizar esta doazón con destino ao proxecto "Casa do Gaiato".

Hai uns días tivemos unha reunión cos centros educativos que recolleron con entusiasmo a iniciativa e incluso melloráronla coas súas aportacións. Os centros de primaría invitarán ás familias a que busque máis información na web: fundacionmozambiquesur.org e deste xeito poder coñecer como son os proxectos desta ONG entre os que se atopa "Casa do Gaiato". Tamén as familias que o consideren poden colaborar do 30 de xaneiro ata o 3 de febreiro facendo un donativo no "Rincón Gaiato " no que vai a traballar cada cole : lugar no que se ubicará unha furna para recoller os donativos nuns sobres feitos para este fin e a maís adornarán o espazo con todo o que estos días previos están a traballar nas aulas para coñecer o pais de Mozambique: cultura,paisaxe, historia, bandera, costumbres...como viven a día de hoxe.

No IES de Poio a máís van a facer unhas xornadas de encontro de alumnado coa técnica Raquel Morales para que lles transmita a súa experiencia de cooperación neste pais e como traballou con estas comunidades en temas de coeducación e igualdade. Por outra banda as áreas do concello de igualdade, participación veciñal e deportes transmitiran esta iniciativa ao tecido social, cultural, veciñal ...e deportivo porque se parte da premisa de que o importante é sumar.

Dende a concellaría de benestar social realizaremos o reconto total coas cantidades ingresadas por todos e todas as paticipantes. Os primeiros 500 €.- para esta causa serán aportados polo fondo de emerxencia social e a doazón total ingresarase no nº de conta da Fundación Mozambique Sur. 


ES80 2100 3412 2113 0047 5676


A xustificación será publicada en prensa, nas redes do concello así como cartaces colocados nas portas dos centros educativos. Cando nos precopupa como viven noutras partes do mundo persoas coma nós estamos construindo a PAZ.

 

 

 

Máis dun cento de nadadores participarán na I edición da Volta a Nado Illa de Tambo – Concello de Poio que terá lugar o vindeiro 21 de agosto con dous percorridos de 4,5 e 6 km. As inscricións estarán abertas ata o 16 de agosto (incluído) na web www.championchipnorte.com. Ata a data hay nadadores inscritos procedentes de 11 comunidades autónomas ( Galicia, Madrid, Asturias, Andalucía, Cantabria, Baleares, Cataluña, Valencia, Canarias, Castilla-La Mancha e Murcia). Esta competición, organizada polo Concello de Poio e Atlantic Extreme Sportas, ten como obxectivo ser unha das citas de natación máis importantes de Galicia no verán.

O Concello de Poio pon a disposición da ciudadanía o pagamento online de recibos municipales emitidos polo propio Concello que se topen en período de pagamento voluntario. Vostede poderá facer o pagamento con tarxeta de crédito a través da pasarela de pago das dúas entidades que teñen convenio asinado con independencia de cal sexa a súa entidade bancaria. Poderá facer o pagamento dos impostos de construccions, taxas de urbanismo, taxas de expedición de documentos e taxas de dereitos de exame. O resto dos impostos xestionaranse a través da Oficina Virtual do ORAL

Período de pagamento.


Este servizo admite o pagamento dos recibos que se atopen en período voluntario. Se polo contrario o recibo que ten pendiente de pago está en período executivo deberá dirigirse de novo ó Concello. Pódese poner en contacto coa Tesourería Municipal no número 986770001 ext 1223/1224

3.- Que datos me require o sistema para facer o pagamento automatizado?

Os datos que vostede precisará para facer o pagamento xa constan no recibo emitido polo Concello. Se vostede ten algunha dúbida pódese poñer en contacto co Departamento de Recadación de luns a venres de 9.00 a 14.00 no teléfono 986770001 ext 1223/1224.


 

FACER PAGAMENTO AGORA

REQUIRE CERTIFICADO DIXITAL




 

Na Oficina Virtual do ORAL poderá facer o pagamento dos seguintes impostos

  • Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana (IBI)
  • Imposto sobre bens inmobles de natureza rústica. (IBI)
  • Imposto sobre bens inmobles de características especiais (IBI)
  • Imposto sobre actividades económicas. (IAE)
  • Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM)



PAGAMENTO DE TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

FACER PAGAMENTO AGORA

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, e a Concellería de Igualdade do Concello de Poio desenvolverá a programación de actividades de sensibilización e concienciación durante todo este mes, co obxectivo de impulsar e consolidar entre a mocidade, o eido educativo, o social e a cidadanía en xeral valores e ferramentas que consoliden a prevención e a eliminación das violencias sobre as mulleres. A campaña “MAN A MAN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” inscríbese nas medidas adoptadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

PROGRAMA

VIOLENCIAS COTIÁS: OBRADOIROS CREATIVOS #POESÍAVISUAL

Dende o 2 ao 13 de novembro, as asociacións de mulleres do noso concello traballan "Man a Man" para a creación de #PoesiaVisual que servirá de materiais de difusión para sensibilizar a concienciar na necesidade de prevención das condutas machistas e de erradicar a violencia. O material elaborado polas asociacións A.V. A Laxe - Raxó, A.M.M. Airiños do Mar, A.M.M. en Igualdade de Poio, A.V. O Bao, A.M.M. Arela, A.V. Lourido, A.M.M Progresistas e A.M.M. Mulleres do Mar darán a coñecer os seus traballos, documentados pola fotógrafa Xela Ogando, nos vindeiros días. Os materiais en formato postal poderanse recoller nas dependencias municipais, nos locais da Rede de Espazos Municipais e serán distribuídos por todo Poio, como materiais de difusión para identificar os distintos tipos de violencias machistas, e ofrecerán a información do contacto e os servizos e recursos dispoñibles no CIM de Poio.

 

OBRADOIROS EDUCATIVOS

Co obxectivo de poñer en valor o dereito a ser diferente, fomentando espazo escolar como entorno inclusivo, sensibilizando a alumnado e profesorado sobre a LGTBIfobia e visibilizando e entendendo todos os tipos de diversidade, "Man a Man" propón tres actividades no eido educativo que terán lugar no IES de Poio.

Escape Feminista

Consiste nun gran xogo de escape con perspectiva de xénero no que o alumnado participante terá que ir superando probas e enigmas e abrindo candeados para poder atopar as chaves da igualdade. A misión será detectar cada unha das desigualdades de xénero e así poder conseguir as lentes violetas que están agochadas no noso interior.

Obradoiro de Diversidade Afectivo-Sexual: Coñecer, Respectar e Acompañar

Consiste nun proxecto de sensibilización e formación sobre a diversidade afectivo sexual e familiar, dada a importancia de visibilizar as distintas identidades, formas de ser e orientacións sexuais que tradicionalmente foron tachadas como minoritarias ou non normativas, para asegurar un nivel total de aceptación na nosa sociedade e no entorno escolar. Será impartido por persoal da Asociación de Familias Galegas Trans Arela.

Violencias no contorno dixital

Este obradoiro busca coñecer, identificar e previr as diferentes formas de violencia de xénero no contorno dixital. Incorporarase o coñecemento de conceptos, en particular orientados á prevención e ao fomento de percepcións e actitudes cara a violencia de xénero dixital, así como a coñecer procedementos que diminúan o seu impacto: violencia verbal (whatsapp, Instagram...), violencia de control sobre a parella, violencia sexual (acoso, abuso, sextorsión, sexpreading...), sexting, respecto da privacidade, aspectos legais, violencia de xénero, axuda ás vítimas.

 

25 NOV 12.00 HORAS | PARÓN INSTITUCIONAL

O 25 de novembro na Praza do Mosteiro, terá lugar o acto institucional coa lectura do Manifesto da Corporación Municipal contra a Violencia de Xénero e gardar un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista. Paralelamente e tras o acto, poderase admirar os traballos de #PoesíaVisual na Mostra Colectiva #VIOLENCIASCOTIAS na propia Praza do Mosteiro co material elaborado polas asociacións de mulleres integrantes do Consello Municipal da Muller de Poio.

 

28 NOV 10:30 H | III ANDAINA PASO A PASO LIBRES DE VIOLENCIA DE XÉNERO

“Paso a Paso Libres de Violencia de Xénero” é unha actividade de sensibilización contra a violencia de xénero dirixido ao conxunto da cidadanía de Poio, que se formula como o acto de peche da campaña do 25N, e terá lugar o domingo 28 de novembro. A andaina terá como hora de encontro as 10.30 no Bosque das Mulleres en Lourido e a chegada está prevista arredor das 12.00 horas na praza da Chousa de Combarro, onde se realizará a lectura do manifesto en colaboración co Consello Municipal da Muller. A participación na andaina será con inscrición previa no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. As primeiras 200 inscricións recibirán lotes de material de sensibilización da campaña (bolsas, chapas, pulseiras, postais)

Na Praza da Chousa exporanse as mostra de postais de #VIOLENCIASCOTIAS elaboradas polas asociacións de mulleres participantes nunha mostra expositiva simbólica, o visionado da peza audiovisual do proceso creativo colectivo e remataremos coa acción poético reivindicativa da artista “Lúa Mosquetera”.