fbpx

O Concello de Poio, xunto coa SCD Raxó e coa colaboración do Consello Municipal de Cultura convocan unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto, que se rexerá polas seguintes bases:

1. Ámbito xeográfico

• Ata 18 anos: será requisito estar empadroado/a no Concello de Poio ou matriculado/a nun centro educativo deste concello.

• De 18 anos en diante: a participación non ten limitación xeográfica sempre que se cumpran as demais normas do concurso.

2. Os traballos serán de carácter individual e ineditos, quedando expresamente prohibido plaxiar, copiar ou reproducir traballos alleos.

3. Cada participante poderá presentar un unico traballo por modalidade.

4. O tema será libre.

5. Os traballos deberán estar escritos en lingua galega.

6. As modalidades do concurso serán dúas:

• relato curto ou conto

• poesía

7. A extensión dos taaballos será, como máximo, de tres de folios por unha soa cara(para relato curto ou conto) e dun folio por unha soa cara (para poesía). Os traballos mecanografados entregaranse a tamano de letra 12 e espazo interlinado dobre. Os traballos manuscritos entregaranse nun formato lexible.

8. Os traballos serán entregados en calquera dos seguintes centros:

a) Concello de Poio: no Rexistro Municipal ou por correo certificado (Praza doMosteiro 1-36995, San Xoán de Poio).

b) Centros educativos de Poio: CEIP Vinas, CEIP Lourido, CEIP Isidora Riestra, CEIP Chancelas, CEIP Espedregada e no IES de Poio.

c) Locais das Asociacións colaboradoras e membros do Consello Municipal de Cultura do Concello de Poio: S.C.D. de Raxó́ S.C.D. de Samieira, Ateneo Corredoira de Combarro, Asociación Boureante de A Seará, Asociación Vides Novas de San Salvador.

9. Entregaranse dous sobres pechados. No interior do sobre 1 incluirase o traballo a presentar. No interior do sobre 2 incluiranse os datos persoais da persoa participante (nome, idade, enderezo, telefono, curso, centro). No exterior do sobre 2 deberá constar a idade, modalidade e categoría (ver punto 13 das bases).

10. O xurado estará formado por unha representación elixida para o efecto polo Consello Municipal de Cultura. O xurado determinará a necesidade de recorrer asesoramento de persoas tecnicas na materia.

A presidencia de honra do xurado permanecerá vacante en lembranza de D. Xaime Illa Couto.

O fallo do xurado será inapelable.

11. O Consello Muniiipal de Cultuaa reservase o dereito de publicar e/ou facer o usoque considere oportuno dos traballos presentados.

12. As categorías son as seguintes:

•Categoría A: de 6 a 8 anos*.

•Categoría B: de 9 a 11 anos*.

•Categoría C: de 12 a 13 anos*.

•Categoría D: de 14 a 15 anos*.

•Categoría E : de 16 a 18 anos*

•Categoría F: de 18 anos en diante.

* Idade cumprida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

13.Os premios serán os seguintes:

•Categorías A, B, C e D: diploma e premio de 70 euros, por cada categoría emodalidade.

•Categoría E: diploma e premio de 90 euros, para cada modalidade.

•Categoría F: diploma e premio de 300 euros, para cada modalidade.

14. O prazo de entrega rematará o xoves 15 de outubro de 2020, ás 14 horas.

15. O xurado fallará os premios o luns 26 de outubro de 2020, ás 20.30 horas.

16. O xurado poderá considerar deseato os premios do grupo F no caso de que os traballos presentados non acaden unha calidade aceptable.

17. A entrega de premios realizarase no transcurso do acto que se celebrará o día 31de outubro de 2020, ás 17.30 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural Xaime Illa Couto (Raxó).

18. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.