fbpx

A concelleira de Igualdade, Silvia Díaz, e o edil de Promoción Económica, Gregorio Agís, visitaron na mañá deste xoves as instalacións do Centro de Información da Reiboa, onde se está a impartir o curso "Navegar xuntas no mundo dixital". Pola súa banda, a edil de Educación, Raquel Rodríguez, estivo presente no instituto durante a representación levada a cabo polo alumnado A iniciativa está organizada por estes dous departamentos, a través da entidade feminista Otro Tiempo e finánciase a través do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar.

Díaz e Agís repartiron máscaras protectoras entre as alumnas, que forman parte do material que o Concello ofrece con motivo da programación do 25 de novembro, que está en marcha deste a pasada semana a través de diferentes actividades no eido formativo, social e educativo. Precisamente, desde hai uns días está xa en marcha unha nova edición da campaña Poio En Negro, a través da cal se anima á veciñanza a expresar o seu rexeitamento contra as violencias machistas, a través da exposición de carteis, bandeirolas ou camisetas con lemas como ‘Espazo Libre de Violencia Machista’. Esta iniciativa manterase ata a vindeira semana e todas as persoas interesadas en conseguir material poderán solicitalo enviando un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Tamén é posible descargarse desde a páxina web do Concello iconas e deseños para os perfís de WhatsApp, redes sociais ou fondos de escritorio, entre outras opcións.

Ademais, este venres a Caravana Espazo Libre iniciará un percorrido itinerante por todo o municipio, para achegar información e material á veciñanza. Tamén estará no IES para que dúas axentes de Igualdade asesoren a alumnos de 1º e 2º de Bacharelato. Precisamente, estudantes de 1º de Bacharelato interpretaron esta mañá unha ‘performance’ no instituto para dar visibilidade aos problemas que provoca esta lacra social e poñer en valor a igualdade de xénero. Este tipo de representacións repetiranse nos vindeiros días.

Por último, a Concellería de Igualdade lembra tamén que o 25 de novembro haberá un paro institucional ás portas do Consistorio, no que se procederá á lectura da moción en favor da igualdade elaborada por todos os grupos da Corporación. A programación concluirá o 3 de decembro coa visita do stand Agresión OFF ao IES, para sensibilizar sobre ao alumnado de 1º e 2º de ESO sobre a necesidade de detectar e eliminar comportamentos machistas.