Neste mes de marzo deron comenzo os traballos para facer realidade a recuperación do espazo situado nas inmediacións da antiga escola unitaria de Tarrío, pertencente á parroquia de Samieira. Trátase dun proxecto impulsado a través da Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, dirixida por Gregorio Agís (PSdeG-PSOE), para o cal se realiza un investimento superior aos 91.000 euros, financiados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O propio Agís, acompañado polo responsable de Obras e Servizos, o tamén socialista Julio Casás, visitou estes días a zona para comprobar o avance das tarefas.
A concelleira de Deportes, a nacionalista Marga Caldas, informa de que o Concello de Poio continúa completando pasos de cara a completar a tramitación necesaria para poder acometer o proxecto remodelación integral das pistas de tenis de Monte Baldío, na parroquia de Raxó. Segundo apuntou este venres a edil responsable desta área, a Administración local xa remitiu as solicitudes de autorización para as obras ás Consellerías de Educación e de Medio Ambiente, dependentes da Xunta de Galicia.
Xa están en marcha as obras que servirán para garantir, ampliar e reforzar a accesibilidade e mobilidade nun dos espazos municipais máis importantes do Concello, como é a Biblioteca de Campelo. Nos últimos días deron comezo os traballos para a instalación dun elevador neste inmoble, un espazo que se sitúa en Campelo, na parroquia de San Xoán, e que non só acolle o servizo da Biblioteca, situada no primeiro andar, senón que tamén é utilizado polo alumnado da Escola de Música e da Escola de Acordeóns de xeito habitual, na planta baixa.
A empresa Valoriza, responsable da xestión de residuos e recollida do lixo no municipio de Poio, está estes días a proceder coa limpeza e posta a punto dos contedores repartidos por todo o ámbito xeográfico do concello. Precisamente, o concelleiro de Servizos Municipais, o socialista Julio Casás, supervisou na mañá deste xoves as tarefas de limpeza que se levaron a cabo no lugar de Chancelas, na parroquia de Combarro.
A tenente de alcalde e responsable da área de Espazos Cidadáns e Participación Veciñal, Silvia Díaz (Avante Poio), salienta o o bo ritmo ao que están a realizarse as obras contratadas polo Concello de Poio para mellorar e garantir a impermeabilización de paramentos verticais e horizontais no Centro Cultural Xaime Illa, na parroquia de Raxó. A concelleira do Goberno local pasou revista á actuación este mércores, uns días despois de que a empresa adxudicataria, Modo Caste Sociedad Limitada, dera comezo ás tarefas. Cómpre lembrar que o orzamento destinado a este proxecto ascende a uns 45.000 euros aproximadamente, IVE engadido.