Reunido o Consello Municipal de Cultura, o pasado mércores, 19 de abril as 20:30 horas na Casa Consistorial acordou emitir o seguinte fallo do Concurso XXV Concurso Literario Xaime Illa:

Relación dos gañadores/as da XXV edición do Concurso Literario Xaime Illa, para cada unha das modalidades, poesía e relato, segundo os grupos:

Grupo A:  de 6 a 8 anos.

Poesía A-8 Irene Carballa Santamarta

Relato A-4 Solchna Bassine Faye

 Grupo B: de 9 a 11 anos.

 Poesía B-10 Valeria Freijo Rodríguez

 Relato B-6 Laura I. Casalderrey García

 Grupo C: de 12 a 13 anos.

 Poesía C-1 Hugo Romero Ruíz

 Relato C-1 Sokuna Maye Faye

 Grupo D: de 14 a 15 anos.

 Poesía D-1 Adrián Besada Padín

 Relato D-1 Gonzalo Sanmartín Barragáns

 Grupo E : de 16 a 18 anos.

 Poesía E-1 Laura Villaverde Arosa

 Relato E- 1 Uxía Tilve Iglesias

 Grupo F: de 18 anos en diante.

 Poesía F-27 Jaime Barreiro Santos

 Relato F-18 José Angel Corral Suárez

Os membros do Consello Municipal de Cultura que valoraron un total de 136 traballos, e a súa Presidenta, a Concelleira de Cultura, Lidia Salgueiro Piñeiro, trasladan os seus parabéns a cada un deles/delas, e o agradecemento a todos os/as participantes que se presentaron ao concurso, así como a imprescindible colaboración do profesorado dos centros participantes nesta iniciativa. A entrega de premios terá lugar na Casa de Cultura Xaime Illa de Raxó o mércores, día 17 de maio de 2017.

 

 

 

Os hábitos que imos adquirindo ao longo da nosa vida son fundamentais para previr posibles enfermidades e desfrutar da vida plenamente. Tendo en conta que somos o que comemos, dende a Concellería de Sanidade e Saúde, que dirixe o nacionalista Xose Lodeiro, van por en marcha un programa de alimentación saudable. Este curso, impartido pola graduada en Nutrición Humana e Dietética, Monse Torres, ten como obxectivos xerar a sensación de capacidade e aumentar o empoderamento facendo as persoas coñecedoras de como alimentarse correctamente.



O pasado 28 de marzo do corrente remataba o prazo de presentación dos traballos para participar na 25ª Edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto. Certificado que todos os relatos e poesías cumprían coas bases reguladoras deste concurso, a Concellería de Cultura e Festexos convoca o xurado, composto polos membros do Consello Municipal de Cultura, a unha xuntanza o vindeiro día 19 de abril para fallar os premios desta edición, na sesión ordinaria que terá lugar a partir das 20 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Ás e ós membros do xurado entregáronselles 136 traballos clasificados, 18 máis que no 2016, quedando todas as categorías e modalidades cubertas.

As categorías B ( de 9 a 11 anos) e categoría F ( de 18 anos en diante) son as máis numerosas, coa novidade de ser a poesía, nesta anualidade, a modalidade na que máis traballos se presentan.

No caso de ser preciso, o xurado contará co asesoramento, naquelas dúbidas que lles poidan xurdir, da escritora e poetisa, gañadora deste Concurso Literario, Tamara Andrés, para valorar a categoría F.

Os agraciados das categorías A, B,C e D recibirán un diploma acreditativo e un premio de 70€ por categoría e modalidade. As e os participantes das categorías E e F optarán a un premio económico de 90 e 300 € respectivamente, tanto en poesía como en relato.

Ditos premios entregaranse o próximo día 17 de Maio, nos actos principais que se organizan co gallo do Día das Letras Galegas, neste municipio.


OUTRAS ACTIVIDADES
A igual que o ano pasado, Poio vístese de gala no mes das Letras , organizando múltiples actividades dende as máis tradicionais, como A Carreira Popular pola Lingua, na que colabora a Concellería de Deportes e a SCD Raxó e o Poio Escena, como unha nova sesión do Cóntame un Conto e a exposición en homenaxe a Xaime Illa Couto, no 5º aniversario do seu pasamento. Que se poderá visitar no Centro Cultural que leva o seu nome durante todo o mes.

Asemade, dende o departamento de Cultura traballan na reedición da Revista “A Raxeira” que recompilará todos os traballos gañadores do Concurso Literario dende 1998 ata a actualidade e dun caderno onde o escritor de Raxó é o protagonista.


Vindeiros Eventos

19 Out 2019
07:00 PM -
In Memoriam - Afonso Lima Agís
20 Out 2019
07:00 PM - 12:00AM
Invisibles - Poio Escena
24 Out 2019
05:30 PM -
BookCrossing - Biblioteca Municipal