fbpx

A Concellería de Promoción Económica informa de que o mapa interactivo publicado nos perfís oficiais en redes sociais e na páxina web do Concello, no que a veciñanza pode adquirir información sobre os establecementos que permanecen operativos durante o estado de alarma, irase actualizando de xeito progresivo, a medida que se dictaminen, por parte do Goberno central, novas disposicións vencelladas co inicio da desescalada, que se realizará en diferentes fases.

Un dos proxectos que no seu momento non puido desenvolverse por completo, devido á crise provocada pola expansión do Covid-19, foi o de ‘Mulleres de Poio 2020’, unha iniciativa impulsada con motivo da celebración do Día da Muller o pasado 8 de marzo e que, ademais da homenaxe a cinco veciñas do municipio (unha por parroquia), tamén incluía outras iniciativas.