fbpx

Xa ule a madeira queimada, séntese a calor da fogueira e arrecende a sardiñas asadas. ¡Chegou San Xoán! E arrinca o verán cunha programación de actividades que se extende ó londo de todo o mes de Xuño. Non quedes na casa, e participa dunha das festas con máis tradición na nosa vila.

Un ano máis, a Concellería de Cultura e Festexos vai colaborar coa Asociación Cultural Gaiteiro “Manuel Villanueva”, na organización da XIII Edición da tradicional Romaría de Gaiteiros. que terá lugar na Reiboa o 1,2, e 3 de xuño de 2018, onde poderemos disfrutar de tres xornadas onde a música pupular, xunto con actuacións de grupos e bandas de gaitas, será a protagonista durante todo o día.  Xa pola noite haberá diferentes concertos.

O Concello de Poio a través da Programa Poio Móvese promovido pola Concellería de Deportes, pon a disposición de toda a cidadanía 5 rutas de sendeirismo para coñecer o noso concello facendo deporte. As 5 rutas son de diversas dificultades e lonxitudes e están especialmente deseñadas para o disfrute de todos.

Reunido o Xurado do concurso de carteis de San Xoán composto pola Concelleira de Cultura e Festexos, un representantes das opcións políticas presentes na corporación municipal e por un representantes do profesorado de artes plásticas dos Centros Educativos Municipais, nesta edición do CEIP Isidora Riestra 2018, na Salón de Sesións da Casa Consistorial, ás 10:00 horas, no día de hoxe. Atendendo as bases do CONCURSO CARTEIS DE SAN XOÁN 2018, resultaron os seguintes premiados:

1.- CARACTERÍSTICAS DOS/AS PARTICIPANTES

a) neste concurso poderán participar tódolos/as rapaces/zas empadroados e/ou escolarizados en Poio menores de 18 anos, de xeito individual ou en grupo.

b) cada participante poderá presentar unha soa obra.

c) todas as obras deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas nin publicadas

Os gañadores do Concurso de Maios do Concello de Poio 2018 son:

A Festa dos Maios é unha das festas municipais máis ancestrais así como vistosa, grazas á involucración ano tras ano da veciñanza. Unha festa de unión e convivencia onde participan maiores, mozos e cativos, pasando a sabedoría popular de avós a pais e de pais a fillos e conservando así viva a nosa cultura.

Os membros do Consello Municipal de Cultura que valoraron a totalidade de traballos presentados,  e a súa Presidenta, a Concelleira de Cultura, Lidia Salgueiro Piñeiro, trasladan os seus parabéns a cada un dos gañadores, e o agradecemento a todos os/as participantes que se presentaron ao concurso, así como a imprescindible colaboración do profesorado dos centros participantes nesta iniciativa.

Neste 2018 volve a Liga de Tenis de Poio que dará comezo en abril de 2018 e que se desenrolará nas pistas de tenis de Monte Baldío. Xa está aberto o prazo de inscrición nas categorías de primera e segunda, e feminino, masculino e mixto. A idade mínima de inscrición é de 16 anos, e xa se pode facer enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ó teléfono 698 146 008.

Vindeiros Eventos

Sen eventos