fbpx

 

Poio, 25 de febreiro de 2020.- Os catro grupos da Corporación municipal aprobaron, de xeito unánime, unha moción para instar ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia a que acometan unha serie de medidas e actuacións en favor da igualdade e da supresión daquelas discriminacións “que impiden ás mulleres participar en igualdade de condicións en todos os ámbitos da sociedade”. Trátase dun documento impulsado con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, e consensuado previamente.

Case a metade desta contía (concretamente, 1.094.000 euros) irán destinados a diferentes investimentos.

O informe de Intervención certifica a tendencia dos últimos anos e constata un nivel de execución da partida do exercicio pasado nun 97,4% no apartado de ingresos e un 96,8% no de gastos.

A empresa Iberdrola foi a que presentou a mellor oferta e será a encargada de achegar a enerxía necesaria ás instalacións municipais, así como ao alumeado público.

A adxudicación ascende aos 500.000 euros e terá unha duración dun ano, con posibilidade de ser prorrogado durante outros 12 meses a maiores.

O Goberno local quere impulsar esta actuación, que forma parte do pacto asinado por BNG, PSOE e Avante Poio, en dous zonas ideais polo seu emprazamento e por contar con diferentes servizos próximos

Na actualidade Poio conta con 43 zonas verdes, 23 das cales son áreas de xogos para os cativos, repartidas nunha extensión que supera os 90.000 metros cadrados (5,3 por habitante).


Este domingo 23 de febreiro, a estrada PO-308 quedará pechada ó tráfico a partir das 16.00 horas mediante o operativo especial que desenvolverá a Policía Local de Poio pola celebración do Desfile de Entroido.

VER MAPA INTERACTIVO

A Biblioteca Municipal de Poio acollerá o vindeiro luns, día 24 de febreiro, unha actividade que pretende achegar á veciñanza da considerada como nai das letras galegas.

A cita dará comezo ás 18.00 horas, nunha carpa na que se ofrecerán degustacións gratuítas, obradoiros para nenos e moitas outras sorpresas

O domingo terá lugar o Desfile, no que se desvelará o deseño do Galo Fodorico Agusto Bastante, no que xa está confirmada a participación de varios grupos, así como de parellas e disfraces individuais, tanto en categoría de adultos como infantil.

Poio, 21 de febreiro de 2020.- A Policía Local de Poio desenvolverá ao longo da xornada do sábado unha serie de controis no municipio, nos que se fará especial fincapé na revisión de documentación e na realización de tests de consumo de alcol e estupefacientes.

Poio, 19 de febreiro de 2020.- O Concello de Poio púxose recentemente en contacto coa empresa responsable dos traballos realizados na Avenida Doutor Martínez, na parroquia de San Xoán, para solicitarlle a reparación das deficiencias detectadas no firme, a raíz dunha actuación que consistiu, entre outras tarefas, na dotación de servizos e instalación de novas redes de pluviais e fecais. En principio, a idea é que estes novos traballos se leven a cabo unha vez rematado o inverno, para que as condicións meteorolóxicas non afecten.