A Concellería de Promoción Económica promove "Poio Crea 2018", unhas xornadas nas o obxectivo é axudar a persoas do municipio que estén a desenrolar unha idea de negocio. Para a creación destas xornadas contase ca colaboración dunha decea de empresarios do municipio que aportarán a súa experiencia e punto de vista para animar a emprender a tódolos asistentes.
AULA CeMIT DO CONCELLO DE POIO
ACTIVIDADES PARA O MES DE MARZO
Poio, 20 de febreiro de 2018. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Poio realizará as seguintes actividades no mes de marzo:
FOLLA DE CÁLCULO LIBREOFFICE CALC (Nivel Medio)
Do luns 26 de febreiro ao venres 2 de marzo celebrarase o curso “Follas de Cálculo con LibreOffice Calc (Nivel Medio)”.Mediante este curso os usuarios e usuarias coñecerán o uso das funcións de cálculo de LibreOffice Calc, aplicar formatos condicionados, inserir gráficas ademais doutras posibilidades que ofrece esta aplicación de software libre.
O horario será de 18:00 a 19:30 horas.
A Policía Local de Poio inicia unha campaña de tenencia e posesión responsable de mascotas, co obxectivo de frear os comportamentos incívicos de quen non levan aos seus animais de compañía cos elementos de suxeición necesarios ou deixan os excrementos na vía pública. Os axentes prestarán especial atención ás infraccións comúns como non levar ao animal con correa e boceira, ou non recoller os excrementos do seu can. As infraccións da ordenanza municipal carrexan multas que poden oscilar entre 30 e 300 euros de contía, en función da gravidade do feito.
Documentación correspondente á fase de información pública da aprobación inicial da proposta de estrutura de custes como actuación preparatoria da posterior licitación da xestión do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento: