A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller convoca o “Espazo Concilia”; un espazo socioeducativo de lecer e de apoio á infancia para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e fomentar a corresponsabilidade. Ao longo do verán traballarase cos cativos e cativas arredor da igualdade, a corresponsabilidade e a prevención da violencia a través de diversos talleres.

Nesta época do ano é un momento único xa que temos a vexetación en todo o seu esplendor e aquelas persoas que queiran aproveitar de facer traballos coas flores e verdes do seu xardín van poder facelo. Seguimos a contar coa profesionalidade da monitora Carmen Castro Balboa que xa ten dirixido infinidade de cursos no centro social de Poio e que sempre aposta por materiales e ideas novas para que o alumnado esperte a súa creatividade.

Esta actividade vaise celebrar os xoves pola tarde cunha duración de seis xornadas. En canto teñamos un grupo interesado !!! comezamos!!!!

Xa está aberto o prazo de inscrición para o Raxó Verán 2019, actividade dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos que terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do Centro Cultural Xaime Illa. PRAZAS LIMITADAS: 30 PLAZAS

Xa está aberto o prazo de inscrición para o Campa Verán 2019, actividade dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos que terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Isidora Riestra e no Complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos, na que ofrecemos unha alternativa de ocio aos/ás máis cativos/as durante as vacacións estivais, ademais de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. O horario amplíase respecto ao ano anterior, pasando a ser de 7:30 a 15:00 horas.

Vindeiros Eventos

19 Out 2019
07:00 PM -
In Memoriam - Afonso Lima Agís
20 Out 2019
07:00 PM - 12:00AM
Invisibles - Poio Escena
24 Out 2019
05:30 PM -
BookCrossing - Biblioteca Municipal