fbpx

A Concellería de Medio Ambiente, dirixida polo nacionalista Xosé Luís Martínez, vén de culminar os traballos de posta a punto da nova horta urbana situada no lugar da Caeira, na parroquia de San Salvador. O edil do Goberno municipal supervisou a zona nestes días, unha vez levado a cabo o seu acondicionamento, que supón “dar resposta a unha demanda que nos tiñan trasladada a veciñanza da contorna para contar cun espazo destas características”. Martínez Blanco, que estivo acompañado polas concelleiras nacionalistas Marga Caldas e Raquel Rodríguez, lembra que a creación deste tipo de zonas é un dos piares da filosofía impulsada neste mandato a través da campaña Poio en Verde, que avoga pola creación de áreas de esparcemento e de lecer e o fomento do respecto e coidado pola contorna.

Un ano máis, a Concellería de Cultura,  a Sociedade Cultural e Deportiva (SCD) Raxó e o resto de colectivos que forman parte do Consello Municipal de Cultura poñen en marcha o Concurso Literario Xaime Illa. Un certame que xa supera os 30 anos de existencia e que está plenamente consolidado como un gran referente no eido da literatura, a poesía e o relato curto na provincia de Pontevedra. Así o demostra o elevado grao de participación rexistrado na edición de 2022, cando se presentaron máis de 170 obras, algunhas das cales enviadas desde diferentes países de Europa.

VER BASES

O concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica, Gregorio Agís (PSdeG-PSOE), mantivo esta semana unha reunión con técnicos da Dirección Provincial de Costas, para analizar o proxecto para a habilitación de máis de 8.000 metros de sendas costeiras, a través da fachada litoral do municipio, que servirá para vertebrar e conectar varios dos núcleos costeiros de relevancia no concello, así como para establecer unha nova conexión a pé coa cidade de Pontevedra.

O Concello de Poio, xunto coa SCD Raxó e coa colaboración do Consello Municipal de Cultura, convocan unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto.O concurso rexerase polas seguintes bases:

1) Ámbito xeográfico:
• Ata 17 anos: será requisito ter empadroamento no concello de Poio ou matrícula nun centro educativo deste concello.
• De 18 anos en diante: a participación non ten limitación xeográfica, sempre que se cumpran as demais normas do concurso.

2) As modalidades do concurso serán dúas:

  • Relato curto ou conto.
  • Poesía

O noso benquerido Fodorico Augusto Bastante deixou de existir na noite deste sábado, cando, un ano máis, acabou sendo pasto das lapas na Alameda de San Xoán. O Galo ardeu en medio dunha gran expectación e foi despedido con todos os honores por centos de persoas, que non quixeron deixar pasar a ocasión de dar o último adeus ao gran símbolo do Entroido de Poio. Despois de dous anos de ausencia pola pandemia, o Galo Fodorico puido despedirse de todas e todos nunha velada que tamén incluíu a Festa Choqueira e que estivo organizada pola Asociación Cultural e Veciñal Ronsel e o Concello de Poio, a través da Concellería de Cultura. VER GALERÍA