#POIO IMPULSA é un proxecto da Concellería de Promoción Económica do Concello para impulsar á economía local, que oferta unha serie de formacións e de recursos para que os comerciantes deste municipio poidan mellorar e crecer da man de profesionais de diferentes sectores.

 

Dende o 11 de Setembro está aberta a inscrición nas Escolas Deportivas de Poio. Unha ampla oferta deportiva para o teu disfrute. !Inscríbete agora!

+ INFORMACION

Na tarde de onte, o Consello Municipal de Cultura aprobaba as bases que rexerán o Concurso de Tarxetas de Nadal 2018. Ditas bases foron trasladadas, está mañá, a todos os Centros Educativos deste Concello e publicaranse nas redes sociais e na web municipal, para que todas aquelas crianzas que queiran participar deste concurso teñan coñecemento dos requisitos que deben asumir.

A Concellería de Patrimonio a través da ARI de Combarro acaba de iniciar os trámites precisos para a solicitude de participación no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e nas que a financiación autonómica e estatal supera os 38,4 millóns de euro. Tras a publicación o pasado 17 de agosto no Diario Oficial de Galicia (DOG) da resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo, a Concellería de Patrimonio a través da ARI Combarro solicitará como en plans anteriores, a súa participación e inclusión no reparto dos fondos previstos.

Vindeiros Eventos