Os grupos municipais do concello de Poio acordaron por unanimidade adherirse á convocatoria de #EmerxenciaFeminista, promovida por numerosas organizacións de mulleres de Galicia, en repulsa contra os asasinatos de mulleres e a violencia machista, e convoca para o venres 20 de setembro ás 21:00 horas fronte o Casal de Ferreirós unha concentración de repulsa, e convida ás persoas asistentes a acudir con pano ou cinta violeta, roupa negra ou violeta, lanternas, ou celofán violeta no flash do móbil.

A Policía Local de Poio e a Concellería de Seguridade Cidadá e Mobilidade, como ven sendo costume en todas as festividades municipais de grande envergadura, dispón dun dispositivo de seguridade e tráfico nas redes sociais do Concello, onde, de xeito sinxelo e interactivo poderemos coñecer as zonas de aparcamento e os accesos ó recinto onde esta fin de semana se desenrolarán as actividade da XXXII Festa da Ameixa.

O Concello de Poio, xunto coa Policía Local e a Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, súmanse á celebración da Semana Europea da Mobilidade 2019, promovendo en colaboración con Poio Bike, Club Ciclista Triatlón Poio, CEIPS,  IES de Poio e a Federación Galega de Ciclismo o programa E ti, como te moves?  PROGRAMA PDF


Incendios, catástrofes naturais, grandes concentracións, rescate no mar,  socorrismo, festas ou eventos deportivos: a presencia da Protección Civil é sempre requirida e indispensable para a prevención e o correcto desenrolo da seguridade en multitude de situacións de emerxencia. Malia que a todos nos é familiar, moitas veces non coñecemos a labor altruísta e desinteresada do voluntariado de Protección Civil:

Vindeiros Eventos

19 Out 2019
07:00 PM -
In Memoriam - Afonso Lima Agís
20 Out 2019
07:00 PM - 12:00AM
Invisibles - Poio Escena
24 Out 2019
05:30 PM -
BookCrossing - Biblioteca Municipal