O 31 de outubro de 2017 o Pleno do Concello de Poio acordou a proposta de solicitude da desafectación da Illa de Tambo, e deste xeito se puxo de manifesto a vontade política de inicio dos trámites para a súa desafectación e posterior transmisión da titularidade ao Concello de Poio. Para elo se propón a solicitude dos informe sobre a situación xurídica actual da Illa de Tambo ós Ministerios de Defensa, Economía e Facenda e Patrimonio Xeral do Estado sobor do estado actual e as posibilidades de desafectación.
Hoxe, 9 de marzo, ás 20.15 horas, estrease no Casal de Ferreirós do documental “Vivencias de Muller” en homenaxe ás 5 mulleres que foron escollidas polo Consello Municipal da Muller na súa sesión do 31 de xaneiro de 2018, integrado por todas as asociacións de mulleres do municipio.
INICIACIÓN AO PROCESADOR DE TEXTO LIBREOFFICE WRITER
Do luns 2 ao venres 6 de abril celebrarase o curso “Iniciación ao Procesador de Textos LibreOffice Writer”.
O uso dun procesador de texto faise imprescindible no día a día, xa que en calquera momento podemos necesitar redactar un documento ou escribir un texto. O usuario ao finalizar este curso será capaz de empregar o LibreOffice Writer para crear e modificar un documento de texto, darlle un formato básico, gardalo e imprimilo.
A Concellería de Promoción Económica promove "Poio Crea 2018", unhas xornadas nas o obxectivo é axudar a persoas do municipio que estén a desenrolar unha idea de negocio. Para a creación destas xornadas contase ca colaboración dunha decea de empresarios do municipio que aportarán a súa experiencia e punto de vista para animar a emprender a tódolos asistentes.
08 Dec 2019 10:00 AM - III Andaina e Carreira Solidaria - Ruta do Mar |