fbpx

O Casal de Ferreirós quedouse pequeno na tarde-noite deste venres para acoller ás preto de 100 persoas que non se quixeron perder o acto central da programación do Día Internacional da Muller. María del Carmen Rodiño (San Salvador), Teresa de la Fuente (San Xoán), Divina Barreiro (Combarro), Genoveva Sanmartín (Samieira) e Manuela Gómez (Raxó) son cinco veciñas que, pola súa traxectoria vital, social e laboral, foron escollidas polo Consello da Muller para recibir unha máis ca merecida homenaxe.

O tradicional enterro, que chega á súa trixésima edición, realizarase na Praza do Mosteiro, previa saída desde as inmediacións da escola unitaria do Sartal ás 20.30 horas.

A organización, a cargo da Asociación Ronsel en colaboración co Concello, ofrecerá premios en metálico aos mellores disfraces choqueiros, ademais de agasallos como galos e un lote para facer cocido.