fbpx



O alcalde de Poio, Luciano Sobral, e a concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez, deron a coñecer na mañá deste venres os detalles da programación coa que o Concello de Poio conmemora os dez anos de vida da Casa Museo de Colón, cuxa inauguración tivo lugar o 23 de novembro de 2010. Á cita non faltaron o presidente da Asociación Galicia Histórica, Pedro Martín, nin o arquitecto pontevedrés Enrique Barreiro, que colaboran activamente no desenvolvemento destas citas, que darán comezo o vindeiro 16 de outubro e se prolongarán ata o 18 de decembro.

O Concello de Poio, xunto coa SCD Raxó e coa colaboración do Consello Municipal de Cultura convocan unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto, que se rexerá polas seguintes bases: