fbpx


Desde a súa posta en marcha a finais do pasado mes de xuño, o programa Poio Confía leva asesorado a preto dun cento de empresas do municipio. Este foi un dos datos achegados durante a comparecencia celebrada no Casal de Ferreirós, na que a edil de Turismo, Silvia Díaz, e o concelleiro de Promoción Económica, Gregorio Agís, fixeron un balanzo da eficacia e labor desenvolvida a través desta iniciativa, impulsada por ambos departamentos co obxectivo de crear espazos saudables e apoiar ao tecido empresarial local neste novo contexto marcado pola crise sanitaria da Covid-19.