fbpx

Logo do seu peche forzado polo estado de alarma, a Biblioteca Municipal de Poio, situada en Campelo, retomou a súa actividade con forza durante os últimos meses. Desde o inicio da desescalada e a entrada na nova normalidade, as dependencias foron retomando de novo o pulso e recuperando o seu ritmo en canto a préstamos e actividades se refire. Como non podía ser doutro xeito, o servizo que alí se presta se realiza tendo en conta todas as medidas de seguridade que establecen as autoridades sanitarias, tal e como lembra a concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez.