fbpx

O departamento municipal xestionou a entrega a domicilio da compra a un veciño que permanece recluído na súa vivenda ao presentar algúns síntomas que se poden asociar ao Covid-19.

A concelleira Rosa Fernández lembra que o teléfono de atención á cidadanía da Casa Rosada é o 986872401. Este tipo de servizos especiais se levarán a cabo SÓ COA VECIÑANZA QUE POIDA ACREDITAR que carece de familiares ou achegados aos que poder recorrer.

O Concello suspende temporalmente xestións como a selección de persoal ou da tramitación de expedientes de contratación administrativa, en licitación ou en curso de adxudicación mentres se manteña o estado de alerta

As tarefas de limpeza intensificaranse na contorna de espazos como supermercados ou farmacias, ademais de nas marquesiñas da PO-308, no equipamento público ou en dependencias como a Casa Rosada, o Consistorio, os Centros de Saúde e a xefatura da Policía Local.